Notas de prensa

O sabor da aventura está no mar potenciará o consumo infantil de peixe fresco

A Xunta pon en marcha a campaña O sabor da aventura está no mar, a través da cal, 19.000 nenos e nenas consumirán peixe galego fresco. A iniciativa arranca o 13 de outubro no CEIP de Pedrouzos, en Brión, entre rapaces e rapazas de 6 a 12 anos.

A Xunta pon en marcha a campaña “O sabor da aventura está no mar” grazas á que preto de 19.000 nenos e nenas de colexios públicos de toda Galicia consumirán peixe galego fresco. Tralo éxito acadado polo proxecto piloto, realizado no mes de maio, a iniciativa arranca o 13 de outubro no CEIP de Pedrouzos en Brión. O obxectivo desta campaña da que se realizou un proxecto piloto a finais do anterior curso escolar é incrementar o consumo de peixe fresco nos comedores escolares dos centros públicos.

A campaña está destinada ao público infantil de entre 6 e 12 anos, facendo especial fincapé nos centros públicos do interior e dende este mes de outubro repartiranse en total 152.000 racións de peixe galego no curso escolar 2010-2011 en 158 colexios públicos de toda Galicia. Deste xeito, a Consellería do Mar pretende proporcionar coñecementos sobre o mundo do peixe aos nenos e transmitirlles a importancia da presenza do peixe e do marisco na dieta incidindo nas súas achegas nutritivas. Isto faino dun xeito lúdico e formativo, a través de dúas liñas de acción, un obradoiro dunha hora de duración por cada grupo de idade e o cátering semanal de pratos preparados a base de peixe galego fresco.

O obradoiro inclúe un breve conto cuxos protagonistas, 7 rapaces, teñen cada un un súper-poder vencellado a cada unha das vitaminas das especies que se van repartir nos centros escolares. Tamén unha obra de teatro que se centrará na importancia de comer peixe e de respectar a talla mínima.

As receitas do cátering están elaboradas a base de peixe fresco respectando os aspectos nutricionais e os gustos dos alumnos e alumnas. Algúns pratos que se degustan no marco da campaña son a fideuá de mexillóns, a hamburguesa de sardiña, a pizza mariñeira ou a lasaña mariñeira. As especies que a Consellería empregará son as capturadas polas organizacións de produtores, fundamentalmente xurelo, xarda, lirio e pescada, así como rodaballo, troita e mexillón.

Para o desenvolvemento completo da campaña e subministrar os servizos necesarios, a Consellería do Mar conta coa colaboración das Consellerías de Sanidade e Educación e asinou un convenio coas organizacións de produtores para que, a un prezo estipulado, subministren o peixe fresco aos colexios.

Novas tecnoloxías e redes sociais

“O sabor da aventura está no mar” tamén está presente na rede a través do espazo web http://www.osabordaaventuraestanomar.com/. A campaña tamén conta cun espazo na rede social Facebook, onde os nenos e nenas que o desexen ademais de facerse fans dos “Arroases” (Xurelo, Xarda, Lirio, Pescada, Rodaballo, Troita e Mexillón) e poden descargar fichas informativas destas especies e fondos de escritorio.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2010-10-10

Actualidad

Foto del resto de noticias (vacina-gripe-2026.jpg) A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
Foto de la tercera plana (empresas-transformacion.jpg) O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.

Notas

Anne L'Huillier, Premio Nobel de Física en 2023, visita esta semana Santiago de Compostela no marco do Programa ConCiencia da USC e do Consorcio de Santiago. Entre o extenso programa de actividades previsto, a profesora da Universidade de Lund (Suecia) pronunciará o 2 de outubro, ás 19.30 horas, no Auditorio ABANCA (Rúa Preguntoiro, 23. Santiago), a conferencia ‘O mundo dos átomos á escala de tempo do attosegundo’, aberta ao conxunto da cidadanía.
Como 'unha selección de miradas' a un 'territorio híbrido entre arte e ciencia' preséntase un libro editado polo grupo de investigación dx5, da Facultade de Belas Artes, en colaboración co grupo AF4, da Escola de Enxeñaría Forestal, que fai balance das reflexións xurdidas nas tres primeiras edicións do ciclo de encontros científicos Art at the Edge of Nature, que puñan o foco nas conexións da creación artística co medio ambiente, a sustentabilidade, os novos materiais ou as humanidades dixitais.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES