O Deputado de Gandeiría, José María Arias, e o Presidente de ACRUGA, César Dorado, participaron na visita que realizaron á Granxa Gayoso Castro gandeiros e empresarios de Colombia para comprobar as características da Rubia Galega co obxectivo de cruzala coas razas autóctonas e de introducila no seu país, así como de coñecer as distintas iniciativas que o organismo provincial ten en marcha para impulsar o sector agrogandeiro en Lugo.
Neste senso, os gandeiros amosaron o seu interese polo Centro de Recría que a Deputación construirá en Castro de Rei unha vez que a Xunta conceda os permisos necesarios, e polo de Rubia Galega que leva funcionando no mesmo lugar dende 2007. O Deputado de Gandeiría subliñou que no prazo de 10 días enviarémoslle á Consellería de Medio Ambiente nova documentación para que nos den o informe de calidade ambiental e así iniciar as obras no menor tempo posible. É necesario que a Xunta actúe con rapidez, xa que se trata do proxecto máis revolucionario levado a cabo no campo nas últimas décadas en Galicia. Ademais, permitirá aforrar cartos ós gandeiros e impulsar este sector na provincia.
A visita forma parte do programa que está a desenvolver a comitiva polo norte de España co obxectivo de coñecer varias razas como a Rubia Galega e a Asturiana de los Valles. Trátase de identificar recursos xenéticos para cruzar as razas criollas romosinuano e o costeño con cornos e obter unha maior calidade na produción cárnica.
Colombia e Venezuela
Un total de 15 persoas formaron a comitiva que visitou as instalacións provinciais de Castro de Rei. Entre elas, atopáronse empresarios e gandeiros procedentes de diferentes puntos do país como Bogotá, Medellín ou Ibagué, ademais de Caracas e Valera, en Venezuela. No encontro tamén participaron o ex presidente da Federación Colombiana de Gandeiros (FEDEGAN), o ex gobernador do departamento de Cundinamarca e ex embaixador de Colombia en Rusia durante o Goberno do Presidente Álvaro Uribe. Logo da visita á Granxa Gayoso, desprazáronse á unha explotación gandeira de Adai. O programa rematou cun percorrido pola nave de testexe de futuros sementais que ACRUGA ten nesta parroquia do Corgo.
Outro proxecto de cruce da Rubia Galega en Brasil
No mes de marzo outro grupo de gandeiros de Brasil tamén se desprazaran ás instalacións da Deputación para acadar un fin semellante. Dende 2007 explotacións gandeiras de tres Estados brasileños diferentes: São Paulo, Goias e Mato Grosos, están empregando, en colaboración con ACRUGA, semen de raza rubia galega como raza paternal para o seu cruce coa autóctona brasileña, a nelore, por medio dun grupo empresarial denominado Pão de Azúcar, que conta con máis de 600 centros comerciais distribuídos por todo o país.
A través deste sistema e logo de que a comercialización de semen de Rubia Galega e de que as relacións con ACRUGA comezaran hai unha década, o grupo líder neste país na comercialización de xenética desta Raza e da frisona, GMG, hai 5 anos chegou ás 20.000 cabezas. Na actualidade, contan cunhas 60.000 reses cruzadas e, en 2011, agardan chegar a máis de 100.000.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.