Notas de prensa

Mª Victoria Carballo-Calero e Margarita Barral, Premios Galicia de Investigación

A Consellería de Economía e Industria recoñece a traxectoria destas dúas científicas a través do Premio Antonio López Ferreiro de Investigación Humanística.Carballo-Calero é catedrática e profesora da UDV e Barral está contratada como investigadora pola USC ao amparo do Programa Isidro Parga Pondal da Xunta.

Os Premios Galicia de Investigación, convocados pola Consellería de Economía e Industria, recoñecen na súa edición 2009 a longa traxectoria investigadora da catedrática Victoria Carballo-Calero e o inicio da carreira científica da doutora Margarita Barral. Os galardóns concédense cada ano nunha área de coñecemento (científico-técnica, sanitaria, social e humanística –esta última a correspondente á presente edición-), e distinguen a un científico senior e a outro mozo.

O xurado acordou por unanimidade outorgarlle o Premio Antonio López Ferreiro de Investigación Humanística para investigadores senior a María Victoria Carballo-Calero Ramos, catedrática de Historia da Arte. Nacida en Ourense e licenciada pola Universidade de Santiago de Compostela, na que impartiu clase durante os seus primeiros anos como profesora titular, incorporouse á Universidade de Vigo no ano da súa creación, onde continuou ata a actualidade o seu labor docente e investigador. Carballo-Calero conta cunha longa traxectoria científica iniciada no ano 1965 con varios traballos sobre a pintora galega Julia Minguillón. Desde entón ten desenvolvido ademais unha liña de investigación referida ao rescate de artistas galegos como Castelao, Maruja Mallo ou Luís Seoane e outras liñas sobre o debuxo, a ilustración e o gravado, a arquitectura e o urbanismo.

O Premio Antonio López Ferreiro de Investigación Humanística para investigadores mozos recoñece o inicio da carreira científica de Margarita Barral Martínez, investigadora contratada pola Universidade de Santiago de Compostela ao amparo do Programa Isidro Parga Pondal da Xunta de Galicia. Logo de licenciarse en Xeografía e Historia pola USC e obter un Máster en Estudos na Unión Europea pola Universidade da Coruña, leu a súa tese de doutoramento no ano 2005 con distinción europea e premio extraordinario. Está a desenvolver unha amplia investigación sobre historia política e parlamentaria, así como sobre a personalidade e actividade política de Eugenio Montero Ríos, labor que en 2006 lle valeu o XV Premio de Investigación Manuel Colmeiro convocado por la Escola Galega de Administración Pública (EGAP). É membro do equipo interuniversitario que co financiamento das Cortes Xerais traballa na elaboración dun dicionario biográfico de parlamentarios españois (1810-1854).

O xurado dos premios estivo presidido por Dario Villanueva Prieto e contou como vogais con Antonio Eiras Roel, José Eduardo López Pereira, José Manuel González Herrán, Manuel Recuero Astray, Xosé Henrique Costas González, Ramón Villares Paz e Jaime Morales Piñeiro, que actuou como secretario.


Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2010-10-06

Actualidad

Foto del resto de noticias (vacina-gripe-2026.jpg) A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
Foto de la tercera plana (empresas-transformacion.jpg) O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.

Notas

Anne L'Huillier, Premio Nobel de Física en 2023, visita esta semana Santiago de Compostela no marco do Programa ConCiencia da USC e do Consorcio de Santiago. Entre o extenso programa de actividades previsto, a profesora da Universidade de Lund (Suecia) pronunciará o 2 de outubro, ás 19.30 horas, no Auditorio ABANCA (Rúa Preguntoiro, 23. Santiago), a conferencia ‘O mundo dos átomos á escala de tempo do attosegundo’, aberta ao conxunto da cidadanía.
Como 'unha selección de miradas' a un 'territorio híbrido entre arte e ciencia' preséntase un libro editado polo grupo de investigación dx5, da Facultade de Belas Artes, en colaboración co grupo AF4, da Escola de Enxeñaría Forestal, que fai balance das reflexións xurdidas nas tres primeiras edicións do ciclo de encontros científicos Art at the Edge of Nature, que puñan o foco nas conexións da creación artística co medio ambiente, a sustentabilidade, os novos materiais ou as humanidades dixitais.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES