
Tivo lugar o Memorial a Ramiro Villamor (nacido en1913- finado en 1993) coñecido como O Gaiteiro de Santo Xusto.
Os actos previstos para este Memorial foron:
- 12:00 h.Ofrenda froral e misa na igrexa de Santo Xusto.
- 13:00h. Actuación da Charanga Os amigos de Manolo
- 13:30h. Xantar popular no campo da festa.
- 16:30h. Inauguración da Rúa Ramiro Villamor na Vila de Palas de Rei.
-
17:30 h. Festival na Praza do Concello de Palas de Rei:
Banda de Gaitas de Cántigas e Frores de Lugo.
Grupo Agarimo de Palas de Rei ..
Orquestra de Acordeóns da Escola de Música de Meira.
Grupo Buxaina da Palas de Rei ..
Grupo de baile tradicional de Cántigas e Frores de Lugo.
- 19:30h. Actuación do grupo Folk Os Miñotos.
A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.