Notas de prensa

A secretaria xeral para o Turismo da Xunta apoia as Festas de San Froilán en Barcelona

Carmen Pardo López salienta a importancia desta festa lucense, exportada hai quince anos a Barcelona grazas á iniciativa de varios empresarios galegos afincados na cidade condal que conformaron a Asociación de Amigos do San Froilán e que promoven o chamado Domingo das Mozas.

A secretaria xeral para o Turismo, Mª Carmen Pardo López, asiste ás festas do San Froilán de Barcelona, no chamado Domingo das Mozas, que organiza dende o ano 1995 a entidade Amigos do San Froilán da cidade condal. A secretaria xeral apoia, durante a súa visita ao feiral situado no distrito do Nou Barris de Barcelona, o esforzo e o traballo realizado polo presidente de Amigos do San Froilán, Manuel Fouces, do vicepresidente, Domingo Díaz e do secretario, Ramón Rey Novoa, que levan quince anos, tal e como apunta Carmen Pardo, “mantendo o espírito da tradición galega nunha terra como Cataluña, que tan ben acolleu aos galegos que emigraron ata aquí”. De feito, a secretaria xeral tamén lembrará o peso fundamental que ten en Galicia o turismo catalán, situado ao redor do 10% segundo a Enquisa de Destino que Turgalicia realiza en período estival.

A responsable de Turismo destacará, durante a acto, ao que tamén asistirá a rexidora do distrito Nou Barris, María del Carmen Andrés i Añón, a importancia desta festa, unha das máis arraigadas da comunidade galega, que obtivo a Declaración de festa de Interese Turístico nacional no ano 2006. “A este logro sumarase agora outro aniversario especial, os 10 anos da distinción por parte da Unesco da Muralla Romana de Lugo como Ben Patrimonio da Humanidade”, recorda a secretaria xeral, calificándoa dun dos “baluartes turísticos máis sólidos do multidestino Galicia”.

Mª del Carmen Pardo aproveita tamén a súa visita para resaltar a importancia de valores que supoñen para o turismo de Galicia a natureza e a gastronomía, as dúas razóns principais polas que milleiros de viaxeiros se achegan cada ano ata a nosa comunidade. Non en van, a marca ‘E para comer Lugo’ tamén estará presente nestes festexos.

A secretaria xeral recalca, por último, o peso das accións de promoción do destino Galicia realizadas neste Ano Santo 2010 en Barcelona polo seu departamento, dependente da Consellería de Cultura e Turismo. As máis destacadas, realizadas a través de Turgalicia, foron a titulada ‘Backstage do Camiño’, unha acción na que participarón 900 profesionais do sector turístico español, e na que se comunicou a oferta turística galega tendo en conta o Camiño de Santiago como fío conductor, e outra, realizada na sección de deportes de varios centros comerciais da cidade, onde se difundiron os valores do Camiño de Santiago e o destino Galicia. Nesta última acción participaron en Barcelona case unhas 6.500 persoas.

As Festas do San Froilán de Lugo foron difundidas tamén hai dous anos na cidade de Nova York grazas a unha iniciativa máis da ‘Asociación Amigos do San Froilán’, que realizaron un paseo pola quinta avenida da urbe norteamericana para ensalzar os valores da festividade.

As Festas do San Froilán de Lugo obtiveron no ano 2006 a declaración de Festas de Interese Turístico Nacional. O 30 de novembro deste ano a cidade vivirá outro aniversario especial, ao cumprirse dez anos da distinción por parte da Unesco da Muralla romana de Lugo como Ben Patrimonio da Humanidade, “un dos baluartes turísticos máis sólidos de Galicia como multidestino”, en palabras de Carmen Pardo.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2010-10-03

Actualidad

Foto del resto de noticias (vacina-gripe-2026.jpg) A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
Foto de la tercera plana (empresas-transformacion.jpg) O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.

Notas

Anne L'Huillier, Premio Nobel de Física en 2023, visita esta semana Santiago de Compostela no marco do Programa ConCiencia da USC e do Consorcio de Santiago. Entre o extenso programa de actividades previsto, a profesora da Universidade de Lund (Suecia) pronunciará o 2 de outubro, ás 19.30 horas, no Auditorio ABANCA (Rúa Preguntoiro, 23. Santiago), a conferencia ‘O mundo dos átomos á escala de tempo do attosegundo’, aberta ao conxunto da cidadanía.
Como 'unha selección de miradas' a un 'territorio híbrido entre arte e ciencia' preséntase un libro editado polo grupo de investigación dx5, da Facultade de Belas Artes, en colaboración co grupo AF4, da Escola de Enxeñaría Forestal, que fai balance das reflexións xurdidas nas tres primeiras edicións do ciclo de encontros científicos Art at the Edge of Nature, que puñan o foco nas conexións da creación artística co medio ambiente, a sustentabilidade, os novos materiais ou as humanidades dixitais.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES