Notas de prensa

Celébrase a Festa da Faba de Lourenzá, de interese turístico galego

O conselleiro de Medio Rural Samuel Juárez inaugurou a XX edición da Festa da Faba de Lourenzá, recoñecida como festa de interese turístico galego. O pregón desta edición correu a cargo do investigador Miguel Ángel Fueyo.

O conselleiro do Medio Rural, Samuel Júarez, inaugurou a “XX edición da Festa da Faba de Lourenzá”, acompañado polo alcalde deste municipio lugués, Vidal Martínez-Sierra López.

Tralo acto de inauguración oficial, as autoridades presentes iniciaron un percorrido polas casetas dos fabeiros para logo gozar dunha degustación da Faba de Lourenzá, acompañada con viño da D.O. Ribeira Sacra. O pregón correu a cargo do investigador, Miguel Angel Fueyo, que tivo lugar no Salón de Actos da Casa da Cultura.

A festa, que se prolongará durante toda esta fin de semana, ofrece unha exposición do “20º Aniversario da Faba” e outra do “XIV Concurso Fotográfico Festa da Faba” coa posterior entrega de premios. Os visitantes desta XX edición poderán tamén gozar dunha exhibición e demostración de madeira e pedra, dun obradoiro de quiastolitas e da degustación de tapas con fabas que os establecementos hostaleiros ofrecen nestes días. Ademais este ano celebrarase a primeira carreira popular “Val das Fabas”.

Un produto de calidade

A Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá de Galicia creouse por orde do 20 de agosto de 2008, da Consellería do Medio Rural. A súa zona de produción, almacenamento e envasado abarca o territorio costeiro da provincia de Lugo coñecido como A Mariña Luguesa, englobando numerosos concellos desta comarca.

As fabas comercializadas co amparo desta IXP presentan forma de ril, longo e semicheo; de cor branca uniforme e tamaño moi grande. Proceden da familia das fabáceas ou leguminosas, dentro da variedade local coñecida como Faba Galaica.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2010-10-02

Actualidad

Foto del resto de noticias (vacina-gripe-2026.jpg) A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
Foto de la tercera plana (empresas-transformacion.jpg) O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.

Notas

Anne L'Huillier, Premio Nobel de Física en 2023, visita esta semana Santiago de Compostela no marco do Programa ConCiencia da USC e do Consorcio de Santiago. Entre o extenso programa de actividades previsto, a profesora da Universidade de Lund (Suecia) pronunciará o 2 de outubro, ás 19.30 horas, no Auditorio ABANCA (Rúa Preguntoiro, 23. Santiago), a conferencia ‘O mundo dos átomos á escala de tempo do attosegundo’, aberta ao conxunto da cidadanía.
Como 'unha selección de miradas' a un 'territorio híbrido entre arte e ciencia' preséntase un libro editado polo grupo de investigación dx5, da Facultade de Belas Artes, en colaboración co grupo AF4, da Escola de Enxeñaría Forestal, que fai balance das reflexións xurdidas nas tres primeiras edicións do ciclo de encontros científicos Art at the Edge of Nature, que puñan o foco nas conexións da creación artística co medio ambiente, a sustentabilidade, os novos materiais ou as humanidades dixitais.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES