A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, participou na inauguración da terceira edición do Máster Oficial en Industria e Economía Leiteira. Trátase dun curso impulsado pola USC e o Agrocampus Oueste en Rennes, Francia, no que colabora o organismo provincial dentro da aposta pola I+D+I para o desenvolvemento e a mellora da competitividade do sector lácteo na provincia. Deste xeito, nesta xornada formativa preto dun cento de expertos impartirán clases sobre os últimos estudos en prol da calidade deste produto.
Lara Méndez lembrou que o organismo provincial impulsou a posta en marcha do primeiro Centro de Recría público en España nas instalacións da granxa chairega Gayoso-Castro. Trátase dun proxecto no que a Deputación inviste 12 millóns de euros, que terá capacidade para recriar máis de 3.000 novillas triplicando deste xeito, a capacidade dos 14 centros existentes en Galicia e aforrando contiosos custes ós gandeiros que hoxe se vén na obriga da facelo fóra da Comunidade.
A responsable da área de Promoción Económica e de Emprego salientou que o centro de recría da Deputación é un exemplo de innovación. Será un verdadeiro escenario de investigación que camiñará da man da USC para a mellora xenética dos nosos produtos; un centro especialmente innovador no seu modelo de xestión de residuos ó ser capaz de converter en enerxía todos os residuos que se produzan; a segunda Facultade de Veterinaria do noroeste peninsular onde os nosos novos profesionais poderán realizar prácticas garantindo, ó igual que con este máster, unha formación ligada ó I+D+I.
A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.