
O Orfeón Lucense, titular habitual dos oficios solemnes da catedral de Lugo, composto
por medio centenar de voces mixtas e dirixido por Xesús Mato, acompaña a "pereginación diocesana" que se despraza a Compostela o 25 de setembro, presidida polo bispo da diocese, Monseñor Alfonso Carrasco Rouco. O obxectivo desta peregrinación é gozar da graza do Xubileo neste Ano Santo Compostelán.
Nesta chegada a Santiago participan uns 2.000 peregrinos/as de diversos arciprestazgos da Diócese do Sacramento (parroquias de Lugo e das zonas de Monforte de Lemos, Lalín, Sarria, Baralla, Rábade, Melide, Pobra de Brollón...) que se unen en Santiago para baixar xuntos desde o Monte do Gozo ata a Catedral de Compostela a partir das 14:00 h. e participar nunha Eucaristía ás 16:30 h.
Esta celebración relixiosa estará presidida polo Arcebispo de Santiago, Mons. Julián Barrio, e concelebrada polo bispo de Lugo, Mons. Alfonso Carrasco, e os cregos que acompañan aos peregrinos. Nesta Eucaristía farase a invocación ao Apóstol Santiago que será presentada pola Delegada de Apostolado Seglar da Diócese, Josefina Palmeiro.
Fotografías: Carlos Rodríguez Arias
A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.