Notas de prensa

A nova Lei de Bibliotecas de Galicia presentarase no Ano do Libro e da Lectura 2010

A Xunta consiera que a Lei de Bibliotecas “debe ser, unha Lei consensuada e valorada por todo o Parlamento, polo que a Consellería se esforza en manter criterios esencialmente técnicos e continuar, sen desfacer, o traballo feito”.

O director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López, interveu no Parlamento de Galicia para expoñer o estado actual da nova Lei de Bibliotecas e a adquisición de produtos editoriais. O director xeral asegurou respecto a nova lexislatura que rexerá ás bibliotecas, que “non sufrirá atrancos e quedará aprobada nesta lexislatura”. “É vontade polo tanto que sexa presentada no Parlamento neste mesmo ano 2010”, engadiu.

Francisco López anunciou no hemiciclo galego que desde a Consellería de Cultura e Turismo “pretendemos que a lei sexa valorada e enriquecida nos elementos susceptible de selo” polo que levouse a cabo unha “ampla política de difusión dos seus contidos co fin de abrir portas a alegacións ou propostas relativas á mesma que permitiu nos últimos meses introducir elementos que sen dúbida melloran e actualizan os textos iniciais”.

O director xeral de Cultura incidiu na idea de que a Lei de Bibliotecas “debe ser, unha Lei consensuada e valorada por todo o Parlamento, polo que a Consellería se esforza en manter criterios esencialmente técnicos na súa redacción e continuar, sen desfacer, o traballo feito ata agora”. Francisco López subliñou o momento actual do trámite da Lei, aberto a propostas e afirmou que “varias das alegacións deron lugar a cambios ou modificacións , en xeral limitadas a puntos concretos”.

Adquisicións editoriais

Respecto á compra de produtos editoriais e ao seu pagamento, o director xeral, ao fío da reunión mantida onte coa nova directiva da Asociación Galega de Editores, apuntou que “todo o procedemento está xestionado con axilidade e que os pagamentos soamente sofren os atrasos derivados dun bo control administrativo, ou os derivados da dinámica das firmas que a Consellería adquire os respectivos volumes”.

Francisco López lembrou que “as novidades editoriais adquiridas están aboadas, nos casos nos que a contía resulta inferior a 18.000 euros, e nos casos nos que as editoriais deben percibir unha cantidade superior, o procedemento esixe a sinatura dun contrato de obra”. O director xeral estableceu que a Consellería de Cultura e Turismo a través da súa Dirección Xeral “destinou un total de 1.092.290 euros no ano 2009, no presente exercicio, o investimento previsto ascende a 1.100.000 euros e con respecto á cantidade para o ano 2011, neste momento a Xunta de Galicia está a elaborar os orzamentos”.

O director xeral de Cultura enviou un mensaxe de futuro asegurando a coordinación e establecemento duns “principios de actuación coa nova directiva da Asociación Galega de Editores” e unha actuación desde a Xunta de Galicia que permitirá actuar “nos investimentos con vontade de crecemento, a través da calidade e da procura de mercados onde situarnos, mellora na profesionalización do sector e corresponsabilidade das empresas, as primeiras interesadas en manterse nun sector á alza”.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2010-09-21

Actualidad

Foto del resto de noticias (vacina-gripe-2026.jpg) A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
Foto de la tercera plana (empresas-transformacion.jpg) O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.

Notas

Anne L'Huillier, Premio Nobel de Física en 2023, visita esta semana Santiago de Compostela no marco do Programa ConCiencia da USC e do Consorcio de Santiago. Entre o extenso programa de actividades previsto, a profesora da Universidade de Lund (Suecia) pronunciará o 2 de outubro, ás 19.30 horas, no Auditorio ABANCA (Rúa Preguntoiro, 23. Santiago), a conferencia ‘O mundo dos átomos á escala de tempo do attosegundo’, aberta ao conxunto da cidadanía.
Como 'unha selección de miradas' a un 'territorio híbrido entre arte e ciencia' preséntase un libro editado polo grupo de investigación dx5, da Facultade de Belas Artes, en colaboración co grupo AF4, da Escola de Enxeñaría Forestal, que fai balance das reflexións xurdidas nas tres primeiras edicións do ciclo de encontros científicos Art at the Edge of Nature, que puñan o foco nas conexións da creación artística co medio ambiente, a sustentabilidade, os novos materiais ou as humanidades dixitais.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES