A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, participou na cuarta edición da Festa da Flor que organiza a Federación de Asociacións de Veciños de Lugo, e que supón o punto e final do programa de actividades de verán de dita entidade. Durante o acto, repartíronse entre os cidadáns que se achegaron ó paseo do río Rato 400 exemplares de prantas mediciñais e outros tantos caraveis, e degustarónse unha gran cantidade de produtos ecolóxicos cedidos polos propietarios dos hortos individuais que subvenciona a Sociedade Urbanística Provincial nesta zona.
Lara Méndez que participou no reparto e na degustación, subliñou que este día é un exemplo máis do compromiso que ten a Deputación por impulsar a riqueza medioambiental da provincia e toda a economía que xurde en torno a ela, como son os produtos autóctonos. Con iniciativas como esta e con proxectos como Lug02 ou km0 conseguimos converter ó medio ambiente na nosa oportunidade económica.
No acto degustáronse distintos produtos ecolóxicos cos que se elaboraron máis de 20 receitas, como por exemplo, berenxenas, espárragos ou pementos. En total, máis de 300 persoas se concentraron no contorno do Rato, onde tamén se lles explicou o proceso de cultivo das prantas e as propiedades mediciñais que teñen algunhas delas.
250 hortos individuais
Unhas 300 persoas traballan nos hortos da Deputación situados no Río Rato e na Ponte Paradai. Concretamente, 280 veciños benefícianse da iniciativa do organismo provincial mediante a cal, ademais da cesión dos terreos, reciben 38.000 euros cada trimestre para a compra de sementes e ferramentas, así como para recibir asesoramento de profesionais.
A Deputación, mediante a Sociedade Urbanística Provincial SUPLUSA-, puxo en marcha este proxecto, que está a acadar grande éxito, dentro da aposta polo medioambiente e a sostibilidade. Deste xeito, Lugo foi a primeira cidade galega en poñer en marcha unha iniciativa destas características, que foi copiada posteriormente polas cidades de Santiago, Ourense e Coruña.
Con esta iniciativa a Deputación dinamizou esta zona, dándolle un uso sostible, ampliando xa en varias ocasións as parcelas cedidas para este fin logo da demanda dos veciños. Na actualidade, a Deputación ten a súa disposición 200 parcelas na zona do Río Rato e 50 na Ponte de Paradai.
A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.