Notas de prensa

A Xunta pon en marcha a estratexia Xuventude 2013 con 900 millóns de euros e 240 medidas en varias áreas

O presidente da Xunta subliña que o plan inclúe a primeira lei da historia da autonomía de Galicia para o colectivo xuvenil e adianta que será presentada no primeiro semestre de 2011. “Xuventude 2013” é calificado de plan “coordinado e consensuado”.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou, na rolda de prensa do Consello, a posta en marcha da estratexia “Xuventude 2013”, “un plan –puntualizou- coordinado e consensuado” e que, dotado con 900 millóns de euros, contén máis de 240 medidas para a mocidade.

Feijóo subliñou que se trata dunha estratexia coordinada porque “obriga e compromete a todo o Goberno; e dicir, pasa por converter á xuventude en materia transversal en todas as consellerías. E trátase dun programa consensuado, porque foi pulsada coa xente moza; máis de 300 asociación xuvenís participaron nesta estratexia e máis de 20.000 xóvenes fixeron propostas”.

Ademais dos 900 millóns de euros, nos próximos tres anos, e a inclusión de máis de 240 medidas, o titular do Executivo galego destacou que o plan inclúe, tamén, un compromiso legal: a primeira lei da historia da autonomía de Galicia para este colectivo, e que será presentada, segundo avanzou, no primeiro semestre de 2011.

Así mesmo, explicou que o documento contén nove eixos de actuación: educación, vivenda, mobilidade, participación, voluntariado, información e formación, saúde e deporte, espírito empresarial e emprego; sendo a clave do plan este último, xa que dos 900 millóns de euros, 500 millóns se adican ás políticas de emprego.

En materia de vivenda, Feijóo subliñou que se seguirá a apostar polo Plan Aluga, para financiar ata o 70% os contratos de aluguer aos xóvenes menores de 30 anos, así como coas rebaixas fiscais para a adquisición de vivenda aos xóvenes menores de 35 anos. “6.000 euros de aforro fiscal é o que ten un xoven se compra unha vivenda en Galicia cun prezo medio de 180.000”, matizou.

A estratexia “Xuventude 2013” recolle, amais, unha clara aposta pola mobilidade, de xeito que se amplía o programa de prácticas en empresas do estranxeiro e se triplican os intercambios culturais entre distintos países.

Sobre a participación e o voluntariado, Feijóo destacou que as axudas para iniciativas xuvenís se incrementan, nestes tres anos, un 200%; e a Lei de acción voluntaria permitirá aos mozos obter certificacións oficiais da súa participación nas distintas actividades de voluntariado.

Amais de fomentar o deporte, o presidente do Goberno galego aseverou que no que se refire a información e formación, a Xunta seguirá a traballar no ámbito de facilitar carnés de conducir ao xóvenes que o necesiten como ferramenta de traballo. “E no referido á creatividade e ao espírito empresarial –engadiu- seguiremos a traballar para buscar e multiplicar por tres a oferta de albergues, a oferta de residencias e a oferta de tempo libre”.

En materia educativa, Feijóo subliñou o compromiso de mellorar as tecnoloxías e incrementar as competencias lingüísticas en idiomas estranxeiros. Neste sentido, anunciou a contratación de 213 auxiliares de conversa (197 profesores nativos de inglés, 7 de francés, 7 de alemán e 2 de chino) que se unen aos que xa había ata o de agora. En total haberá 260 auxiliares de conversa que desenvolverán o seu labor nas escolas de idiomas e nos centros educativos.

“Vamos a seguir por este camiño; creando centros plurilingües, incrementando as seccións bilingües e, hoxe, multiplicamos por catro os auxiliares de conversa. Polo tanto, hoxe, podemos dicir que 27.000 alumnos en Galicia terán un ensino plurilingüe no primeiro ano da nova política lingüística no curso 2010-2011. Imos a incrementar e a garantir unha política lingüística que sen deixar de ser galega sexa europea. O equilibrio, a liberdade de uso, o coñecemento de ambas linguas oficiais e a aposta sen paliativos por unha terceira lingua será un dos compromisos desta lexislatura”.

No tocante á formación universitaria, Feijóo subliñou que o 97% dos graos xa están adaptados ao Plan Bolonia. “Vamos a seguir apostando pola formación universitaria e vamos a rematar a configuración da nova oferta universitaria de Galicia para que estea completamente operativa neste curso sen ningunha dilación”, concluíu.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2010-09-16

Actualidad

Foto del resto de noticias (vacina-gripe-2026.jpg) A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
Foto de la tercera plana (empresas-transformacion.jpg) O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.

Notas

Anne L'Huillier, Premio Nobel de Física en 2023, visita esta semana Santiago de Compostela no marco do Programa ConCiencia da USC e do Consorcio de Santiago. Entre o extenso programa de actividades previsto, a profesora da Universidade de Lund (Suecia) pronunciará o 2 de outubro, ás 19.30 horas, no Auditorio ABANCA (Rúa Preguntoiro, 23. Santiago), a conferencia ‘O mundo dos átomos á escala de tempo do attosegundo’, aberta ao conxunto da cidadanía.
Como 'unha selección de miradas' a un 'territorio híbrido entre arte e ciencia' preséntase un libro editado polo grupo de investigación dx5, da Facultade de Belas Artes, en colaboración co grupo AF4, da Escola de Enxeñaría Forestal, que fai balance das reflexións xurdidas nas tres primeiras edicións do ciclo de encontros científicos Art at the Edge of Nature, que puñan o foco nas conexións da creación artística co medio ambiente, a sustentabilidade, os novos materiais ou as humanidades dixitais.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES