
O portavoz de política lingüística do BNG, Bieito Lobeira presentou unha iniciativa na que cualifica de intolerable que a páxina web oficial do Xacobeo exclúa o galego.
Lobeira lembra que moitas persoas interesadas no contidos desta páxina dirixiron por escrito as súas queixas ao administradores co obxecto de poder utilizar a opción en galego pero a resposta humillante -en opinión do parlamentario nacionalista- afirma por escrito- que a páxina web está en español e non en galego, en función da xente de fóra de Galiza que non entende o galego.
Lobeira quer saber, se o Goberno galego comparte as razóns que levan á exclusión da lingua galega na páxina web www.xacobeoimporta.com e se ten previsto introducir a lingua galega como opción de inicio.
A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.