Notas de prensa

O perfil de cooperante galego é unha muller, de entre 25 e 35 anos en América

Coincidindo co Día do Cooperante, presentouse en Compostela o Rexistro de Cooperantes no Exterior no que Galicia é pioneira. Según os datos, o perfil do cooperante galego é unha muller, de entre 25 e 35 anos, que traballa para unha ONGD de América.

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, presentou o Rexistro de Cooperantes Galegos no Exterior, no acto conmemorativo do Día do Cooperante, ao que a Xunta se suma co propósito de visualizar o traballo deste colectivo e recoñecer a súa tarefa. Coa posta en marcha deste rexistro, Galicia convertese na primeira comunidade autónoma en ter unha ferramenta deste tipo que ofrece datos fiables e actualizados sobre o conxunto dos galegos que realizan o seu traballo no ámbito da cooperación en países en vías de desenvolvemento.

Dos datos aportados polo Rexistro Galego de Cooperantes no Exterior pódese deducir que o perfil tipo de cooperante galego é o dunha muller de entre 25 e 35 anos, residente na provincia da Coruña, que está a traballar en países americanos (Centroamérica, Caribe e Sudamérica), cunha experiencia no terreo de entre 2 e 5 anos, que traballa en proxectos de cooperación ao desenvolvemento e forma parte dunha ONGD.

O estudio que se presenta é o resultado dunha iniciativa da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE recollida no Plan Anual 2010 da Cooperación Galega, que responde a una petición reiterada da Coordinadora Galega de ONGD e do resto do sector da cooperación de contar cuns datos fiables e actualizados do conxunto dos expatriados galegos que desenvolven o seu traballo nos países en vías de desenvolvemento, así como dunha aplicación web que facilite a actualización periódica da base de datos.
Neste rexistro de cooperantes están incluídos os seguintes grupos: cooperantes galegos traballando para ONGD, persoas galegas traballando para organismos internacionais, persoal das Administracións Públicas Galegas, persoal galego doutras administracións publicas, bolseiros galegos ou bolseiros aos que lles concederon bolsas entidades galegas, e relixiosos e segrares que desenvolvan actividades de cooperación internacional no exterior. Actualmente están rexistrados 102 cooperantes e 485 misioneiros.

Rexistro de cooperantes

No caso dos cooperantes case a metade deles están traballando en países do continente americano, outro 26 por cento en Ãfrica, un 10 por cento en Asia e os restantes en países europeos. O 63 por cento deles son mulleres, e o 67 por cento están comprendidos entre a franxa de idade de 25 a 35 anos.

Respecto á procedencia dos cooperantes, un 57 por cento proceden da provincia de A Coruña, un 28 por cento de Pontevedra, un 9 por cento de Lugo e un 6 por cento de Ourense. Segundo un estudo feito pola Asociación Profesional de Cooperantes, a cifra de cooperantes en toda España ascende arredor de 1.500 persoas, polo que se deduce que un 7 por cento son galegos. Compre destacar que máis da metade destes cooperantes traballan ao servizo das ONGD, principais axentes da cooperación ao desenvolvemento.

Rexistro de misioneiros

En canto aos 485 misioneiros que está rexistrados un 44 por cento pertencen á Diocese de Ourense, outro 31 por cento á de Santiago, e os restantes ás Dioceses de Lugo, Tui- Vigo e Mondoñedo- Ferrol. Os misioneiros atópanse repartidos por toda a xeografía mundial, resaltando que o 67 por cento deles encóntranse ubicados en Sudamérica, e despois en menor proporción en países africanos e europeos. Como pasa no caso dos cooperantes, máis da metade son mulleres, concretamente dous terzos do total .
O perfil tipo do misioneiro galego traballando no exterior que se extrae deste Rexistro é de unha muller, pertencente á diocese de Ourense e que está traballando en Sudamérica, con maior presenza en Venezuela, Perú, Brasil e Arxentina.
Reunión da Conferencia Sectorial de Cooperación Internacional para o

Desenvolvemento en Madrid

Así mesmo, Gamallo participa na reunión da Conferencia Sectorial, que está presidida polo ministro de Asuntos Exteriores e de Cooperación, e que reúne a tódolos responsables de tódalas Comunidade Autónomas no ámbito da cooperación e do desenvolvemento, e que foi constituída en outubro do ano pasado, e ten como obxecto servir como foro de encontro para instrumentar a coordinación que ten que existir entre a Administración Xeral do Estado, a Administración das CC.AA e a

Administración Local

Nesta reunión, o director xeral de Relacións Exteriores informa da posta en marcha do Rexistro de Cooperantes Galegos no Exterior que se presentou en Santiago.
Trala reunión celebrarase o acto de recepción á Cooperación Española, que tradicionalmente se celebra o Dia do Cooperante, no que se fará un recoñecemento a tódalas persoas da sociedade civil e dos servizos das administracións publicas que traballaron na traxedia de Haití.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2010-09-08

Actualidad

Foto del resto de noticias (libros-biblioteca.jpg) Ferrol é a primeira das 13 citas co libro e a lectura que terán os galegos e galegas en diferentes vilas e cidades das catro provincias. Tras esta cidade, recollerá o relevo Santiago de Compostela, do 2 ao 10 de maio; Lugo, do 13 ao 17 de maio; O Porriño, do 14 ao 17 de maio; Redondela, do 11 ao 14 de xuño, e Ourense, do 17 ao 20 de xuño. Xa no mes de xullo, Vigo abrirá o día 1, prolongándose ata o día 7, continuando en Ponteareas, desde o día 9 ata o 12, e en Rianxo do 23 ao 26. Finalmente, en agosto, as Feiras do Libro viaxarán ata A Coruña, do 1 día ata o 10; Viveiro, do día 13 ao 19; Foz do 20 ao 23, e rematarán en Monforte de Lemos, onde se celebrará do día 26 ao 29 de agosto.
Foto de la tercera plana (libros.jpg) O número de persoas en Galicia que le ocasional ou habitualmente na nosa lingua medra en case nove puntos ata acadar o 72 %, isto é, sete de cada dez galegos. Ademais deste incremento do 13 por cento na lectura ocasional ou habitualmente en galego con respecto ao ano anterior, o estudo de 2025 tamén revela a consolidación dunha Galicia lectora, reflectida no sindicadores que sinalan que o 96,5 % da poboación maior de 14 anos le en calquera medio e soporte, o que sitúa a nosa Comunidade nun 1,4% por enriba da media de España. Ademais, o 70 % destas lecturas son de libros.

Notas

Un espazo de encontro entre academia, arte e sociedade. Arrancou no edificio Redeiras da UVigo o congreso internacional 'Escrituras potenciais: o ordinario e o infraordinario', unha cita coorganizada entre as universidades de Vigo e Sorbonne Nouvelle polos especialistas Hermes Salceda e Alain Schaffner, figuras claves no estudo da narrativa contemporánea francesa e, máis concretamente, da obra de Raymond Roussel, toda unha referencia nas chamadas literaturas potenciais.
O Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) da Universidade da Coruña acolleu a inauguración da exposición 'A Miraxe Dixital'. A mostra é o resultado do traballo e da convivencia da artista británica Louise Ward Morris en colaboración co persoal investigador do centro, tras seis meses de traballo pola residencia artística concedida a través do Ministerio de Cultura.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES