O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, participou na inauguración da cuarta edición do congreso ForestSat 2010 Ferramentas operacionais para o sector forestal en sectores remotos que se desenvolve dende hoxe ata o 10 de setembro, e que reunirá en Lugo a preto de 200 persoas de 32 países. Durante o encontro, Gómez Besteiro destacou a aposta do organismo provincial pola economía sostible, a mesma que o Presidente do Goberno de España resumiu como menos cemento e máis coñecemento. Quen coñecía a Deputación hai tres anos e a intenta recoñecer hoxe comprobará o xiro de 180 grados que lle demos neste senso.
O titular provincial sinalou que o obxectivo da institución que preside é desenvolver económica e socialmente a provincia, apostando por proxectos destinados a converter o medio ambiente na oportunidade económica da provincia. Deste xeito, puxo como exemplos os programas europeos Lug02 a través do que se desenvolve un XIS (Sistema de Información Xeográfica), se asesorou a xóvenes investigadores para constituir empresas de alimentación, se profesionalizou o turismo rural e medioambiental ou mesmo se executaron medidas para diminuir os impactos da carga gandeira-, o Pacto Provincial polo Emprego co que se insertarán profesionalmente 540 desempregados da provincia-, e o Innova-TE destinado a implantar a administración electrónica-.
Ademais do Presidente, no encontro tamén participaron o Alcalde de Lugo, José López Orozco, o Reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Juan Casares Long, o Conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez Casado, e outros cargos universitarios.
80 ponencias orais
Durante a celebración de ForestSat expertos investigadores presentarán e disertarán sobre as técnicas e métodos de teledeteción que permiten a mellora da xestión forestal e do territorio. En total, realizaranse 80 ponencias orais. Ademais, co motivo do Xacobeo, o 10 setembro está programada unha visita turística a Santiago de Compostela; cidade declarada en 1985 Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.
No congreso, que está organizado polo grupo de investigación e docencia do Laboratorio do Territorio (LaboraTe), a Universidade de Santiago Compostela e o Forest Research (Centro de Investigación Forestal situado en Edimburgo, presentaranse ferramentas de captura de información de datos xeoespaciais aplicados ó sector forestal e daranse as claves para mellorar a accesibilidade á información a través de novas técnicas cartográficas. Tamén se avaliará a densidade arbórea existente e se debaterá sobre os beneficios da biomasa e das enerxías renovables.
A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.