O organismo provincial puxo en marcha o mércores 1 de setembro a terceira tempada de Km0.Deputación de Lugo, o pioneiro programa medioambiental en España que impulsa a economía da provincia mediante a posta en valor das Reservas da Biosfera e O Courel, ó tempo que dá a coñecer ós veciños o traballo que leva a cabo a Deputación en prol dos Concellos lucenses. Logo do éxito acadado nas convocatorias anteriores coa participación de 17.000 persoas, o organismo provincial inicia esta nova andaina na que tan só en dous días redescubrirán a provincia 213 persoas.
Deste xeito, a Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, recibiu no Pazo de San Marcos ós dous primeiros grupos. Trátanse dos colectivos de San Clodio de Ribas de Sil e Parada dos Montes de Pobra de Brollón. Ambas as dúas asociacións viaxarán a Mariña. No primeiro dos casos, farán a ruta As Catedrais que inclúe a visita a dita praia, a dos Castros, así como ó porto, a cetárea de Rinlo e ó aeródromo de Villaframil. Pola súa banda, os veciños de Pobra de Brollón farán unha travesía pola ría de Ribadeo e coñecerán o casco histórico desta vila mariñá.
O xoves a Federación de veciños de Lucus Augusti e a asociación de Mulleres Rurais San Anxo Penarredonda de Vilalba desprazaranse ó Cebreiro. Logo de coñecer o Pazo provincial e as instalación do Centro de Artesanía e Deseño, ambos os dous colectivos redescubrirán as Insuas do Miño, coñecerán o museo etnográfico desta localidade, o Monte da Cruz así como a fábrica de queixos de Pedrafita. Ademais, farán un percorrido a pé ata o primeiro hito do Camiño Francés.
A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.