
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria continúa a facilitar ás familias a volta ao cole, e convocara nos vindeiros días a orde de axudas para a adquisición de libros que cambian de idioma, e que só afecta a matemáticas, tecnoloxías e física e química, por mor do Decreto do plurilingüismo para o ensino non universitario.
Pola aplicación do decreto do plurilingüismo, hai unha serie de textos que hai que cambiar dixo o director de centros e recursos humanos, José Manuel Pinal- como son os das materias de matemáticas, tecnoloxía e física e química que se impartiran en castelán. As axudas van destinada aos estudantes de 3º e 4º de primaria, así como os catro cursos de secundaria, e poderán solicitarse a partir do 1 de setembro.
O proceso para obter as bolsas
As familias poderán presentar as solicitudes para optar ás axudas no mes de setembro nos centros docentes sostidos con fondos públicos nos que estean matriculados os seus fillos e fillas, presentando unha solicitude diferente por cada un dos nenos.
Ao igual que acontece coa Gratuidade Solidaria os centros tramitarán as solicitudes no momento da matrícula ou posteriormente. Os formularios tamén poderán obterse a través do apartado de gratuidade solidaria de libros de texto- plurilingüísmo no enderezo web http://www.edu.xunta.es.
O sistema informático recuperará de forma automática os datos asociados ao NIF do solicitante, e que constan na base de datos informática da Consellería de Educación. Co fin de axilizar o proceso, e unha vez estea introducida a solicitude, este ano o sistema permite a xeración dun vale por cada alumno ou alumna beneficiario.
O centro educativo entregará os vales ás familias, que poderán con el adquirir os libros e material escolar no correspondente establecemento, á súa libre escolla e polo importe máximo que figura no documento. Unha vez entregados os materiais, os establecementos presentarán as facturas na Xefatura Territorial da Consellería de Educación en cada provincia, para que lles sexa ingresados os importes correspondentes aos vales tramitados.
O obxectivo deste sistema é que as familias non teñan que desembolsar contía algunha polo importe das axudas, facendo máis fácil ademais os pagamentos, ao se reducir considerablemente o número de transferencias bancarias que ten que facer a Consellería. Por outra banda, a xeración automática dos datos da familia polo sistema informática simplifica considerablemente o labor dos centros educativos, elemento fundamental no proceso de tramitación das bolsas.
Máis axudas
Segundo o director de centros e recursos humanos con esta convocatoria o que facemos é cumprir a legalidade vixente e a promesa de facilitar este cambio ás familias que máis o precisen e que nestes momentos difíciles teñen máis necesidades de recibir estas axudas. As prestacións engádense á convocatoria de Gratuidade Solidaria de axudas para a compra de libros de texto e material escolar, dirixidas ao alumnado de 1º, 2º, 5º e 6º de educación primaria, e educación especial.
Con estas axudas, a Consellería de Educación volve poñer de manifesto o seu firme e decidido apoio ás familias que están a pasar por maiores dificultades económicas, que poderán ter libros gratis e en propiedade. Ademais, as alumnas e alumnos poderán utilizar estes manuais como verdadeiras ferramentas de traballo e consulta coas que optimizar os seus rendementos académicos.
A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.