Notas de prensa

Premio ás mocidades do Estatuto do 36

A Fundación “Alexandre Bóveda” informa que o próximo día 17 se vai celebrar o aniversario do fusilamento de Alexandre Bóveda, instituído como Días dos Mártires Galegos desde 1942, tal como acordou a Irmandade Galega de Arxentina presidida por Castelao.

A conmemoración comezará co acto institucional organizado polo Concello de Poio na Caeira, cunha ofrenda floral no monumento e coa intervención de Luciano Sobral, Alcalde de Poio, Xosé Luís Bóveda, Vicepresidente da Fundación Alexandre Bóveda e fillo de Alexandre Bóveda en representación da Fundación, e Amalia Bóveda, en representación da familia de Alexandre Bóveda.

O xantar de entrega do V premio á recuperación da memoria histórica será as 14:00 h. No Pazo da Cultura. O premio, que se vén concedendo desde o 2006 (instituído polo Parlamento Galego como “ano da memoria”) homenaxea ás mocidades que fixeron posible o trunfo do Estatuto do 36 e que estarán personalizadas polas figuras representativas de Avelino Pousa Antelo, Francisco Fernández del Riego, Xaime Illa Couto e Isaac Díaz Pardo, activistas da campaña estatutaria que significou un salto cualitativo na historia de Galiza e que se vería truncado co golpe militar do 18 de xullo. A familia Bóveda convida tamén a misa de aniversario que terá lugar ás 18:30 na Capela de San Amaro (Pontevedra). A ofrenda cívica diante do sartego de Alexandre Bóveda no cemiterio de San Amaro estará a cargo do escritor, intelectual e político Camilo Nogueira Román e celebrarase ás 19:00 h.

Por último o BNG celebrará o seu tradicional homenaxe e ofrenda floral na praza de Curros Enríquez ás 20:30 h. Intervirá Miguel Anxo Fernández Lores, actual alcalde de Pontevedra.

Fundación Alexandre Bóveda, 2010-08-12

Actualidad

Foto del resto de noticias (vacina-gripe-2026.jpg) A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
Foto de la tercera plana (empresas-transformacion.jpg) O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.

Notas

Anne L'Huillier, Premio Nobel de Física en 2023, visita esta semana Santiago de Compostela no marco do Programa ConCiencia da USC e do Consorcio de Santiago. Entre o extenso programa de actividades previsto, a profesora da Universidade de Lund (Suecia) pronunciará o 2 de outubro, ás 19.30 horas, no Auditorio ABANCA (Rúa Preguntoiro, 23. Santiago), a conferencia ‘O mundo dos átomos á escala de tempo do attosegundo’, aberta ao conxunto da cidadanía.
Como 'unha selección de miradas' a un 'territorio híbrido entre arte e ciencia' preséntase un libro editado polo grupo de investigación dx5, da Facultade de Belas Artes, en colaboración co grupo AF4, da Escola de Enxeñaría Forestal, que fai balance das reflexións xurdidas nas tres primeiras edicións do ciclo de encontros científicos Art at the Edge of Nature, que puñan o foco nas conexións da creación artística co medio ambiente, a sustentabilidade, os novos materiais ou as humanidades dixitais.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES