E para formar parte del non é preciso comulgar con ningún dogma, nin superar ningunha proba, nin iniciarse en ningún rito. É suficiente con que cada un sexa fiel a si mesmo, a ser galega ou a ser galego". "A sabedoría do noso pobo logrou que a autonomía non fora unha escusa para encerrarnos en nós mesmos, senón un estímulo para incorporar mellor as ricas variantes do mundo a nosa forma de entender o mundo, a galeguidade".
Feijóo, que participou no acto con motivo do Capítulo Xubilar Santiago 2010 organizado pola "Enxebre Orde da Vieira", quixo agradecer á esta institución o seu traballo constante e o seu compromiso "firme e sincero" con Galicia. Amais, o responsable do Goberno galego transmitiu, tamén, os seus parabéns a todas as persoas e entidades galardoadas. "Tanto Enrique Beotas, como Santiago Torres, a Revista Compostela, ou a empresa Begano, cada un deles desde a súa parcela de actuación, fan un exercicio constante de exhibición da súa condición de galegos ou o seu amor por Galicia".
Para Feijóo, a existencia desta Enxebre Orde da Vieira fai posible, por exemplo, ser galego en Madrid, ou en calquera parte do mundo, e poder sentir que se está en Galicia. "Porque sempre que vos xuntades, non importa onde, aí está Galicia. A idea de Galicia transcende do contorno meramente físico e pode aparecer en calquera parte do mundo na que se xuntan dous galegos".
Así mesmo, Feijóo afirmou que non é casual que moitos galegos, coñecidos ou anónimos, se sintan en calquera lugar como na súa casa. "Tampouco creo que sexa froito do azar que eses mesmos galegos non sentiran a súa galeguidade mermada pola súa vecindade temporal en calquera lugar onde habiten. Hai unha especie híbrida que esta institución premia, o Madrigallego, á que pertencen, por exemplo, Ramón María del Valle Inclán, Julio Camba, Wenceslao Fernández Flórez ou Camilo José Cela. E así como configuramos esa nova especie, a do Madrigallego, a nosa galeguidade lévanos a imaxinar novos territorios. Aí esta, por exemplo, esa "Sexta Provincia" proposta por ese insigne representante da madrigaleguidade, como é Enrique Beotas. Esa "Sexta Provincia" esta poboada de persoeiros que demostran incidiu- que o galeguismo posúe a gran virtude da pluralidade".
O presidente da Xunta concluíu a súa intervención aseverando que hai moitos xeitos de querer a esta terra. "Todos son válidos. Todos axudan a que este país noso medre en liberdade e benestar. Ningún sobra nese gran reto que é o de seguir construíndo a Galicia moderna, a Galicia que hoxe temos, e a Galicia que estamos preparando para as próximas xeracións".
A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.