O título da mostra parte da expresión miña prenda que lle dicía ao artista a súa avoa Adelaida. Segundo explica a comisaria na súa folla de sala, nesta mostra o artista volve a mirada sobre o seu propio percorrido, para recoñecerse no camiño andado e abrirse ao que aínda está por chegar. É, sinala Marta García, a primeira mostra na que Xosé Poldras, dunha forma consciente e valente, tómase a si mesmo como referencia. Un leve pero decisivo xiro na súa posición subxectiva, onde a mirada deixa de situarse fóra para recoñecerse dentro, como parte do caudal que a conforma.
No percorrido pola Sala Alterarte poden verse obras do artista como Os buratos do ceo, que preséntase como unha travesía que acontece no tempo e no espazo, e convida a percorrela; un remuíño de gravados en Especulando; e a Rosa dos alentos, na que Xosé Poldras tómase así mesmo como territorio de referencia e na que a memoria ofrécese como unha dispersión de pegadas dos lugares habitados. Non falta algunha pintura, como O salgueiro; algunha escultura, como A promesa, unha figura de barro, entre o humano e o animal, máxico ou mitolóxico, e ata algún caderno persoal de debuxo.
Doutor en Belas Artes pola Universidade de Vigo, bolsa Erasmus de doutoramento en s`Hertogembosch e Maastrich, e licenciado pola Universidad de Salamanca, Xosé Poldras conta con diferentes galardóns, como 2º Premio Internacional no III Certame de Gravado Dinastía Vivanco, e unha dilatada traxectoria expositiva tanto individual, como a súa última retrospectiva no Pazo da Deputación de Ourense Aquel río, como colectiva. Con obra en diferentes coleccións de artes plásticas, como a Biblioteca Nacional de España, o artista conta cunha ampla experiencia tamén na realización de obradoiros que abranguen desde o debuxo e o gravado ata a poesía visual.
O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.