Notas de prensa

A TIC cubre máis do 80% da prazas para cursar estudos na Escola de Imaxe e Son de Lugo

A EIS oferta 44 prazas para poder cursar o vindeiro ano os ciclos superiores en Realización e Produción de Audiovisuais, dotados con 2.000 horas lectivas. No primeiro módulo cubríronse todas as prazas e, no segundo, o 63%, polo que agora ábrese o prazo de matrícula libre ata cubrir as 8 que faltan no de Produción.

A Escola de Imaxe e Son de Lugo, dependente da Fundación TIC, concluiu o venres 23 de xullo o prazo para formalizar a matrícula para o curso 2010-2011 e para o que se recibiu un grande número de solicitudes. A EIS ofrece os ciclos superiores de Produción e Realización de Audiovisuais, Radio e Espectáculos, dotados con 2.000 horas lectivas e dous cursos académicos cada un.

No primeiro módulo, cubríronse todas as prazas e, no de Produción, o 63%. Neste último caso, o centro educativo manterá aberto o prazo de matrícula libre e directa ata cubrir as 8 que faltan. Por tanto, os interesados en cursar estudos de Produción poden matricularse na sede da Escola, situada na rúa Frei Plácido Rei Lemos, en horario de 9:00 a 14:00 horas. En total, o centro educativo oferta 44 prazas, 22 para cada un dos ciclos formativos.

A Escola de Imaxe e Son de Lugo é o único centro da provincia onde se imparte formación no eido do audiovisual. O centro ten como eixo fundamental a combinación de formación e práctica en contextos e escenarios reais, o que permite vencellar directamente a formación dos alumnos ás necesidades e esixencias das empresas do sector audiovisual. Deste xeito, dende o inicio da actividade da EIS, no ano 2003, máis de 125 alumnos cursaron os seus estudos de Produción e Realización. En 2009 foi o curso no que, por primeira vez, se cubriron todas as prazas e no que, debido o aluvión de demandantes, houbo unha ampla lista de espera.

Na actualidade, a Fundación TIC mantén relación con máis de 60 empresas nacionais e mantén convenios de colaboración cunha decena de entidades sociais, para difundir o seu labor sen ánimo de lucro. A través destas colaboracións, a Deputación de Lugo dá un novo impulso á relación que a EIS mantén co sector empresarial para a realización de prácticas dos seus alumnos e na procura da súa inserción laboral ó remate dos seus estudos.

Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Lugo, 2010-07-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (vacina-gripe-2026.jpg) A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
Foto de la tercera plana (empresas-transformacion.jpg) O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.

Notas

Anne L'Huillier, Premio Nobel de Física en 2023, visita esta semana Santiago de Compostela no marco do Programa ConCiencia da USC e do Consorcio de Santiago. Entre o extenso programa de actividades previsto, a profesora da Universidade de Lund (Suecia) pronunciará o 2 de outubro, ás 19.30 horas, no Auditorio ABANCA (Rúa Preguntoiro, 23. Santiago), a conferencia ‘O mundo dos átomos á escala de tempo do attosegundo’, aberta ao conxunto da cidadanía.
Como 'unha selección de miradas' a un 'territorio híbrido entre arte e ciencia' preséntase un libro editado polo grupo de investigación dx5, da Facultade de Belas Artes, en colaboración co grupo AF4, da Escola de Enxeñaría Forestal, que fai balance das reflexións xurdidas nas tres primeiras edicións do ciclo de encontros científicos Art at the Edge of Nature, que puñan o foco nas conexións da creación artística co medio ambiente, a sustentabilidade, os novos materiais ou as humanidades dixitais.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES