O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e a Alcaldesa de Guitiriz, Regina Polín, inauguraron a Aula de Interpretación da Natureza que o organismo provincial puxo en marcha neste municipio dentro do programa europeo Lug02 cofinanciado nun 70% por fondos FEDER-. Esta iniciativa inclúese dentro da liña de actuación do programa medioambiental, dotada con 950.000 euros.
É a primeira que entra en funcionamento das tres previstas pola Deputación no marco do programa europeo. A seguinte que iniciará a súa andaina será a de Fonsagrada e, por último, a de Folgoso do Courel, situada na Estación de Bioloxía que a Universidade de Santiago de Compostela creou no municipio da Montaña. Gómez Besteiro subliñou que esta sexa a primeira que inauguramos e, por tanto, a primeira que entra en funcionamento non é unha casualidade. Quen fai ben as cousas, sempre ten premio, e esta Alcaldesa -a de corazón verde entendido como Concello cabeceira do medio ambiente provincial-, merece o respaldo da Deputación para apuntalar as políticas punteiras que executa. Neste senso, o máximo mandatario provincial destacou que é un proxecto que pon en valor a segunda Reserva da Península Ibérica e que demostra que o medio ambiente é a nosa oportunidade económica.
Sitúase na Casa da Barxa e a súa temática versa fundamentalmente sobre a auga debido á enorme paisaxe fluvial que rodea a zona. Configúrase como un centro de información, educación e sensibilización medioambiental ó servizo dos cidadáns, que ofrece a todos os visitantes diverso material que pon en valor a riqueza medioambiental da Reserva Terras do Miño.
Pola súa banda, Regina Polín apuntou que levamos sete anos de políticas de sostibilidade. Superado o tema ecoloxista, en Guitiriz buscamos unha mellor calidade de vida non só para os veciños de agora, senón tamén para os do futuro.
Equipamento e horarios
Está equipada co material necesario para o desenvolvemento da mesma, de xeito que complementará as actividades lúdicas que o Concello guitiricense desenvolve na tempada de verán. Dispón de ordenadores de sobremesa, unha pantalla para o visionado de vídeos, decoración, conexión a Internet e equipos multimedia. Neste senso, na Aula levaranse a cabo obradoiros de manualidades, pinturas e oficios tradicionais; presentacións de reciclaxe e aforro enerxético; rutas de sendeirismo; e entregarase documentación sobre as subvencións e obrigas medioambientais dos cidadáns e das institucións. Asimesmo, crearanse grupos de persoas para limpar e sinalizar as rutas de sendeirismo existentes no municipio.
O horario será de martes a venres de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas, e o sábado e o domingo de 10:00 a 14:00 horas. O luns permanecerá pechada ó público. A de Guitiriz, así como as outras dúas Aulas que a Deputación porá en marcha, refórzase coas 4 móbiles que están a percorrer todos os municipios do ámbito de actuación do programa e outros puntos de Galicia. Destas, unha e o Barco Muralla de Lugo, que tamén estivo en Guitiriz, concretamente na localidade de Parga co motivo da XVI Feira da Canteira, Callos e Artesanía, e, as outras tres, son en furgoneta. Neste último caso, as aulas percorreron dende o mes de marzo 230 poboacións, sendo visitadas por máis de 4.200 persoas.
Asimesmo, xa está en funcionamento o portal web lugo2-natureza.org de aulas de interpretación, que serve de soporte da actividade tanto nas aulas físicas como nas móbiles. A través delas, a Deputación pretende achegar as novas tecnoloxías ás zonas rurais e, deste xeito, empregalas para dar a coñecer a residentes e visitantes as peculiaridades medioambientais.
A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.