
A S.A. de Xestión do Plan Xacobeo aportou 100.000 euros para o desenvolvemento do espectáculo dos fogos artificiais do Apóstolo, espectáculo de luz e son, organizado polo Consorcio de Santiago, que se celebra en Santiago de Compostela o sábado 24 de xullo e que este ano contará como novidade con réplicas entre os días 25 e 30 de xullo, ademais dos fogos fin de festa do 31 de xullo. Serán, pois, 8 noites de pirotecnia que estarán enmarcadas dentro da programación de Xacobeo 2010 para o Camiño das Artes Escénicas.
Así o manifestou o director xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Santos Cidrás, esta tarde durante a presentación dos Fogos do Apóstolo, acto no que estivo acompañado polo xerente do Consorcio de Santiago, Xosé Manuel Villanueva Prieto; o concelleiro de Festas do Concello de Santiago, Xosé Baqueiro, e os representantes da empresa Pirotecnica Caballer, adxudicataria do concurso para a realización do espectáculo de fogos de artificio cun contrato que ascende aos 356.360 euros, Rafael García Barat e Ernesto López.
Ignacio Santos describiu ao tradicional espectáculo dos Fogos do Apóstolo, que se desenvolven a noite do 24 de xullo, coma o punto culminante da celebración do Ano Santo e sinalou que, ano tras ano, o espectáculo e a simbólica queima da fachada da Catedral converte á Praza do Obradoiro e a toda a cidade de Santiago no mellor expoñente da convivencia entre a tradición e a vangarda, da integración cultural e da hospitalidade ao acoller aos centos de miles de persoas que se achegarán para acompañarnos nesta festa. Salientou, asemade, que o espectáculo simboliza o que supuxo a figura do Apóstolo e do Camiño ao longo dos séculos e asegurou que reflicte e contribúe á difusión dos valores de Xacobeo 2010.
A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.