Notas de prensa

A Deputación salda a débeda do canon de Guntín con obras que superan os 240.000 euros

Xunto co canon, o organismo provincial realizou investimentos neste municipio por valor de case 1 millón de euros. Gómez Besteiro anuncia que a Deputación acometerá ampliación da estrada municipal que vai ó Mosteiro dentro da colaboración que o Parque Móbil presta ós Concellos da provincia.

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, visitou o Concello de Guntín onde o organismo provincial está a realizar investimentos que suman preto de 1 millón de euros. Neste senso, Gómez Besteiro destacou “o importante esforzo inversor que estamos a acometer neste municipio, onde saldamos a débeda do canon con obras que suman case 250.000 euros. Agora toca ser dilixentes para que se gasten rápido en 2010 e para que disfruten todos os veciños delas, xa que levan moito tempo agardando a que se fagan. Son momentos difíciles para os Concellos, para a Deputación e para o Goberno de España, pero hai que fixar prioridades e para nós o canon de Guntín foi unha delas”.

O máximo responsable provincial foi recibido na Casa Consistorial polo Alcalde guntinés, Jesús Carreira, onde tamén saudou ós membros da Corporación. O titular da institución provincial subliñou que “é certo que este é o último Concello no que pechamos as obras do canon dos 15 municipios afectados máis Chantada, pero isto non significa que sexa o último no que se executen”. Pola súa banda, o Alcalde agradeceu a visita e o compromiso do Presidente, “xa que son actuacións moi importantes para o noso municipio, polo que estamos desexando que se fagan canto antes”.

O Plan do Obras correspondente ás 3 anualidades e que foi aprobado o pasado venres pola Xunta de Goberno, inclúe neste municipio tres acuacións por valor de 242.555 euros Trátase do acondicionamento do acceso de Trasdulfe a Pradedo de Abaixo (85.451 euros), a substitución de tubaxes do abastecemento de auga municipal (111.698) e acondicionamento da Praza Nova (45.408 euros), dentro da de 2010.

O Presidente tamén supervisou a pista que vai a Mosteiro e que será ampliada pola Deputación coas máquinas do Parque Móbil, dentro da colaboración que este departamento provincial presta ós Concellos da provincia.

Outros investimentos

Xunto co canon, a Deputación realizou outros investimentos neste muncipio por valor de case 1 millón de euros. Nestes 3 últimos anos, o organismo provincial destinou 457.593 euros ó mantemento dos 79,9 quilómetros de estradas provincias que hai no termo municipal de Guntín e 42.318 para a roza destes viais, así como 25.698 euros para o POS. Ademais, nos últimos dous anos acometéronse 8 actuacións dentro do Plan de Comunidades Veciñais por un importe total de 64.739 euros, dos que o organismo provincial achegou 47.507. As obras son as seguintes: apertura de camiños en Cimadevila; as dúas fases do acondicionamento da antiga escola de Lousadela; reparación da igrexa de Santa Euxea e o arranxo dos accesos a este templo; apertura de camiños de Xuriz á Mota e construción do depósito de auga de Navallo.

VI Festa artesanal

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e o Presidente da Asociación de Amigos do Mosteiro de Ferreira de Pallares, Carlos Vázquez, presentaron a VI Festa Artesanal que se celebrará na localidade guntinesa o 8 de agosto. A cita festiva dará comezo ás 9:00 horas e rematará ás 15:00 cun xantar de confraternidade. Este ano contará, grazas á colaboración do Centro de Artesanía e Deseño, cunha demostración da oleiría de Gundivós e cunha exhibición da malla tradicional. Ademais, repetirase a degustación gratuita de filloas e o pregón que correrá a cargo do xornalista Benigno Lázare, “un profesional comprometido co seu municipio, coa súa profesión e coa provincia”, sinalou Gómez Besteiro.

Esta iniciativa inclúese dentro da programación que desenvolve a Asociación para fomentar a actividade cultural e as manisfestacións etnográficas desta comarca, situada no noroeste da provincia. Deste xeito, no encontro daranse cita diferentes artesáns da bisbarra que exhibirán os seus ancestrais oficios, como por exemplo: cesteiros, zoqueiros, carpinteiros, escultores, fabricantes de instrumentos musicais e mesmo apicultores. A organización prevé superar os 1.000 visitantes da edición anterior. Gómez Besteiro destacou que “esta é unha cita moi importante para toda a comarca, xa que pon en valor a riqueza da zona e axuda a que os oficios artesanais non desaparezan co paso do tempo”.

Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Lugo, 2010-07-20

Actualidad

Foto del resto de noticias (vacina-gripe-2026.jpg) A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
Foto de la tercera plana (empresas-transformacion.jpg) O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.

Notas

Anne L'Huillier, Premio Nobel de Física en 2023, visita esta semana Santiago de Compostela no marco do Programa ConCiencia da USC e do Consorcio de Santiago. Entre o extenso programa de actividades previsto, a profesora da Universidade de Lund (Suecia) pronunciará o 2 de outubro, ás 19.30 horas, no Auditorio ABANCA (Rúa Preguntoiro, 23. Santiago), a conferencia ‘O mundo dos átomos á escala de tempo do attosegundo’, aberta ao conxunto da cidadanía.
Como 'unha selección de miradas' a un 'territorio híbrido entre arte e ciencia' preséntase un libro editado polo grupo de investigación dx5, da Facultade de Belas Artes, en colaboración co grupo AF4, da Escola de Enxeñaría Forestal, que fai balance das reflexións xurdidas nas tres primeiras edicións do ciclo de encontros científicos Art at the Edge of Nature, que puñan o foco nas conexións da creación artística co medio ambiente, a sustentabilidade, os novos materiais ou as humanidades dixitais.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES