Notas de prensa

A Deputación Provincial pon en marcha o programa Lugoteando

O wakeboard e as rutas chill-out en catamarán coa cea romántica son as actividades máis demandadas desta novidosa iniciativa promovida pola Deputación dentro de Lugo10, e nunca vista antes na provincia.

Lugoteando, o novidoso programa de actividades lúdico-medioambientais no río Miño, comezou con grande éxito de participantes. Tan só once días depois da súa presentación, máis do 60% das prazas están cubertas, polo que a organización prevé chegar ó cheo total nas vindeiras xornadas. Un grupo de adultos, estreou a programación practicando deportes de multiaventura nunca vistos antes na provincia como o sea-scooter, o paddle-surf, as bolas xigantes para pasear polo río e a banana acuática. Entre eles, destacou a participación dun señor de 75 anos, que xa foi alcumado polo Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, como o “avó de Lugoteando”.

A actividade máis solicitada ata o momento é o wakeboard, cun 70% de inscricións realizadas. No caso dos bautizos de mergullo e a multiactividade a porcentaxe sitúase no 60%. Outra das modalidades que está a acadar grande éxito é a de Ligoteando -que se desenvolverá os días 9 e 16 de xullo e que está formada por paseos en catamarán amenizados por dj´s con música chill out e unha cea romántica no restautante dos Robles-. Nestes momentos, hai 70 persoas apuntadas para a primeira xornada.

Para todas as idades

Lugoteando desenvolverase no río Miño ata o 22 de xullo. Ten un prezo de 5 euros por persoa e está dirixido a toda a familia. Organízanse grupos de 8 persoas que poden realizar ata 4 actividades en cada quenda, redescubrindo unha nova faciana do río Miño ata o de agora descoñecida.

Os nenos de entre 7 en 11 anos poden practicar o equilibrio camiñando sobre a auga dentro das bolas acuáticas ou a cabalo das bananas acuáticas, mergullarse como os golfiños cos sea-Scooter; redescubrir a ribeira do río con rutas dirixidas por expertos en bioloxía; así como outros divertidos xogos infantís na auga.

Os maiores de 11 anos e os adultos terán ademais: paddle-sur, un completo exercicio que tonifica todos os músculos do corpo ó navegar a bordo de táboas de surf a remo; wakeboard, unha combinación entre esquí acuático e snowboard que consiste en deslizarse sobre unha táboa, facendo saltos e acrobacias; bautizo ó mergullo, mediante o cal se ofrecen clases prácticas e coñecementos teóricos sobre o buceo.

Como inscribirse

Todos os interesados poden inscribirse a través do número de teléfono: 982-120-064 dende ás 11:00 ás 14:00 horas e de 17:00 ás 20:00, e tamén na carpa que está situada na Área Recrativa dos Robles. O pago das actividades efectuarase previamente na conta: Banesto 0030-7060-30-0298064273, agás a da cea, cun prezo de 25 euros por persoa, que se deberán abonar previamente no número de conta: Caixa de Pensións 2100-4206-86-2200027601. Para máis información: www.deputacionlugo.org, www.lugo.es, www.lugo10.es, ou no teléfono de información municipal 010. No caso dos menores de idade, deben traer unha autorización asinada dos pais ou titores que poden descargar nas webs.

Con Lugoteando a Deputación cumpre con todos os compromisos adquiridos durante 10º aniversario da Muralla: a celebración da I Gala Muralla Moda; a presentación do Barco Muralla de Lugo, unha embarcación única en España que fai eco da provincia por todo o país; e o I Concurso Nacional de Curtas e Maquetas.

Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Lugo, 2010-07-05

Actualidad

Foto del resto de noticias (vacina-gripe-2026.jpg) A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
Foto de la tercera plana (empresas-transformacion.jpg) O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.

Notas

Anne L'Huillier, Premio Nobel de Física en 2023, visita esta semana Santiago de Compostela no marco do Programa ConCiencia da USC e do Consorcio de Santiago. Entre o extenso programa de actividades previsto, a profesora da Universidade de Lund (Suecia) pronunciará o 2 de outubro, ás 19.30 horas, no Auditorio ABANCA (Rúa Preguntoiro, 23. Santiago), a conferencia ‘O mundo dos átomos á escala de tempo do attosegundo’, aberta ao conxunto da cidadanía.
Como 'unha selección de miradas' a un 'territorio híbrido entre arte e ciencia' preséntase un libro editado polo grupo de investigación dx5, da Facultade de Belas Artes, en colaboración co grupo AF4, da Escola de Enxeñaría Forestal, que fai balance das reflexións xurdidas nas tres primeiras edicións do ciclo de encontros científicos Art at the Edge of Nature, que puñan o foco nas conexións da creación artística co medio ambiente, a sustentabilidade, os novos materiais ou as humanidades dixitais.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES