Notas de prensa

OS CANS TAMÉN PEREGRINAN ‘Só lles falta falar’ fai o último tramo do Camiño de Santiago este domingo

O domingo 4 de xullo, o Club de Cans de Familia, ‘Só lles falta falar’, fará o último tramo do Camiño Francés da ruta Xacobea nun xesto simbólico no que se quere amosar que os nosos cans tamén son peregrinos. Está previsto que cheguen á praza do Obradoiro antes das 12 do medio día

Máis dunha veintena de socios cos seus cans daranse cita no Monte do Gozo para percorrer o últmo tramo do Camiño de Santiago. Con esta iniciativa, a asociación quere facer públicos que os cans de familia tamén poden participar nas actividades do Ano Santo e peregrinar cos seus propietarios sen ocasionar nengún problema.

Aproveitase esta ocasión para reivindicar que son moitos os peregrinos que se achegan ata Compostela coas súas mascotas e que moitas veces atopanse con atrancos precisamente por ir acompañados dos seus cans.

O clube, que apenas ten un ano de vida, ven traballando nos ultimos meses para crear un punto de encontro de todas aquelas persoas interesadas en coñecer, educar e coidar ao seu can de familia e para crear un espazo para o desenvolvemento de actividades lúdico e terapéuticas. Un do seus obxectivos é a educación canina para a súa perfecta integración na sociedade, así como o asesoramento na tenencia de cans, a adopción responsable e todas aquelas actividades que acheguen estes animais a cidadanía en xeral.

Para iso ten desenrolado diferentes programas, como o “programa de visitas ás guarderías infantís e colexios, onde se lles da aos rapaces información sobre a tenencia responsable e o coidado das mascotas. Asemade, traballa no proxecto, coordinado polos especialistas do Centro de Conducta Animal, que trata de facer un achegamento dos cans á sociedade e a súa intervención como animales de terapia.

Recentemente realizouse unha intervención no centro de ASPANAES en Compostela e se traballa estreitamente coa Asociación Down e o seu equipo de psicólogos. Estas intervencións tratan de desenrolar un programa de comunicación cognitiva, sensorial ou de soporte físico se fose necesario.

O Club de Cans de Familia, é unha entidade sen ánimo de lucro que se creou a mediados do ano 2009. Actualmente conta con mais de 250 socios de Santiago e comarca con seus cans e cadelas.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2010.

Club de Cans de Familia ‘Só lles falta falar’, 2010-07-02

Actualidad

Foto del resto de noticias (vacina-gripe-2026.jpg) A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
Foto de la tercera plana (empresas-transformacion.jpg) O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.

Notas

Anne L'Huillier, Premio Nobel de Física en 2023, visita esta semana Santiago de Compostela no marco do Programa ConCiencia da USC e do Consorcio de Santiago. Entre o extenso programa de actividades previsto, a profesora da Universidade de Lund (Suecia) pronunciará o 2 de outubro, ás 19.30 horas, no Auditorio ABANCA (Rúa Preguntoiro, 23. Santiago), a conferencia ‘O mundo dos átomos á escala de tempo do attosegundo’, aberta ao conxunto da cidadanía.
Como 'unha selección de miradas' a un 'territorio híbrido entre arte e ciencia' preséntase un libro editado polo grupo de investigación dx5, da Facultade de Belas Artes, en colaboración co grupo AF4, da Escola de Enxeñaría Forestal, que fai balance das reflexións xurdidas nas tres primeiras edicións do ciclo de encontros científicos Art at the Edge of Nature, que puñan o foco nas conexións da creación artística co medio ambiente, a sustentabilidade, os novos materiais ou as humanidades dixitais.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES