
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, salientou, durante o acto de inauguración da campaña da Comisión Europea Sabe lo que la Europa Social puede hacer por usted?, que a Unión Europea foi, é, e será sempre unha gran oportunidade para quen saiba e queira aproveitala.
Neste sentido, o titular do Goberno galego avogou por un proxecto comunitario que defenda un modelo social europeo, a recuperación da economía e do emprego, e a cohesión económica, social e territorial.
Así, Feijóo resaltou o impulso outorgado polos Estados membros ao crecemento económico e á cohesión territorial, desenrolando ao mesmo tempo un modelo social europeo cos seus dereitos e os seus principios. Todos os poderes públicos explicou- teñen a responsabilidade de facer efectivos os dereitos das persoas e garantir a igualdade de oportunidades en todos os ámbitos da vida.
Para alcanzar este obxectivo, Feijóo resaltou o Plan de Actuación Social 2010-2013 que, dotado con 2.000 millóns para os próximos catro anos, persegue, a pesar da crise económica e a conseguinte diminución dos ingresos das facendas públicas, a creación de emprego a través da actuación social. O plan consiste en incrementar todo: as prazas de residencia, as prazas de garderías e escolas infantís, as prazas dos centros de día, a atención á discapacidade; un plan que baseado na eficiencia e na eficacia da xestión, poida acreditar máis dereitos sociais con menos; é dicir, empregar cada euro coa busca da maior rendibilidade social desa inversión, explicou.
Dito plan, proseguiu Feijóo, permitirá acadar unha sociedade máis solidaria, na que o ámbito social se vexa tamén dende a perspectiva do emprego; que aposte polos mozos e polo rexuvenecemento da poboación.
A creación de emprego e a cohesión territorial
Por outra banda, o titular autonómico sinalou durante a súa intervención a necesidade de que o modelo europeo contribúa, tamén, a regresar á senda do crecemento, da estabilidade e da innovación a través da chamada economía social. Para ilo, Feijóo lembrou a aposta da UE pola Estratexia 2020, que persegue construír un novo modelo económico baseado nun crecemento intelixente, sostible e integrador.
Galicia acaba de presentar a súa estratexia, que chega ata o 2020. O Plan Estratéxico 2010-2014: Horizonte 2020, que se circunscribe nesta Estratexia 2020 da Unión. Os desafíos galegos, e en consecuencia europeos, son compartidos: o cambio demográfico, a globalización, a crise económica e o seu impacto no emprego, subliñou.
Nesta liña, Feijóo incidiu no feito de que a economía social de mercado será a que serva para superar a crise, e que está baseada na competencia, no coñecemento, na innovación, e que reforza a participación responsable dos cidadáns nas decisións difíciles que deben adoptar as nacións e as rexións que compoñen Europa.
Así mesmo, e no tocante á cohesión territorial, Feijóo apuntou que o Tratado de Lisboa, ademais de crear a Estratexia 2020, reforza o papel das rexións mediante a utilización de varios instrumentos novedosos como as Agrupacións Europeas de Cooperación Territorial ou as Macrorrexións .
Neste sentido, Núñez Feijóo reiterou o compromiso da Xunta na materia a través da participación no Comité das Rexións, dun lado, e da constitución en febreiro, doutro, da Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) de Vigo, na que se inclúe a rexión Norte de Portugal.
Galicia defende a vertebración do seu territorio. Unha Galicia Cidade Única que, xunto co noso principal socio, a rexión Norte de Portugal, poida contribuír eficazmente ao obxectivo de alcanzar unha verdadeira cohesión territorial, incidiu.
Na mesma liña, o presidente galego avanzou que, xunto coa rexión Norte de Portugal e Castela e León, estanse a sentar as bases para a consolidación dunha estrutura macrorrexional que converta ao mesmo nun espazo funcional para oito millóns de persoas.
Así, e tal e como apuntou Feijóo, os obxectivos da Xunta en materia de cooperación territorial pasan por defender os intereses de Galicia para evitar que o abandono do obxectivo converxencia a partir de 2014 supoña unha redución drástica dos fondos comunitarios; e por tratar de compensar a caída deses fondos co incremento dos fondos transfronterizos entre a rexión norte de Portugal, Castela e León e Galicia.
Un enorme proxecto colectivo
Por último, Feijóo salientou que é o momento de establecer novas metas, novas oportunidades. Europa é un enorme proxecto colectivo; é un camiño que empezou a construírse arredor do Camiño de Santiago. Dende o século IX empezamos, sen sabelo probablemente, a que as distintas ideas e proxectos, as distintas linguas e culturas, arredor dun camiño, conformasen o que hoxe coñecemos como Unión Europea, concluíu.
A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.