
O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, asinou co presidente do Consello de Administración de BEGANO Coca Cola (Bebidas Gaseosas del Noroeste S.A.), Federico Amor, un convenio de patrocinio polo que a empresa galega apoiará ao Xacobeo 2010 con 1 millón de euros. O conselleiro considerou este acordo como unha canle fundamental para levar o proxecto Xacobeo a todos os recantos de Galicia.
Segundo Roberto Varela, a través da sinatura deste convenio de patrocinio, BEGANO S. A. demostra a súa implicación co amplo e ambicioso proxecto que supón o Ano Santo e, asemade, amosa o seu compromiso e o seu apoio aos programas e actividades que se están a desenvolver con motivo deste Xacobeo.
O conselleiro definiu a BEGANO S.A., concesionaria de Coca Cola para Galicia que conta con máis de 25.000 clientes e máis de 1.500 traballadores, como un referente na nosa terra que desde a súa creación apoiou sempre as actividades culturais e deportivas. A empresa galega, que naceu hai máis de 50 anos, supón un exemplo na dirección de empresa, e na creación de postos de traballo e riqueza para Galicia e para todos os galegos.
Empresa galega
Roberto Varela gabou, asemade, o caracter eminentemente galego da sociedade embotelladora, formada por empresarios galegos que nas súas mans está o 70% do seu capital.
BEGANO (Bebidas Gaseosas del Noroeste, S.A.) é unha das sete sociedades embotelladoras independentes en España dos produtos baixo as marcas da Compañía Coca Cola. A súa actividade céntrase na fabricación, venta e distribución de refrescos carbonatados e non carbonatados, tés fríos, zumes, augas, produtos de nova xeración, bebidas para deportistas e bebidas enerxéticas. BEGANO fabrica, vende e distribúe Coca-Cola, Sprite, Fanta, Nordic Mist, Nestea, Fruitopia, Aquarius, Powerade, Burn, Mickey Aventuras, Minute Maid, Aquabona e Mare Rosso.
O seu territorio comprende o 100% de Galicia. BEGANO conta cunha planta embotelladora en A Coruña, dotada con catro grupos de fabricación, e posúe outras seis delegacións no territorio galego (Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol, Santiago e Vigo), que atende a un gran número de minoristas das catro provincias galegas.
A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.