
O Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, e o Alcalde de Lugo, José López Orozco, presentan as iniciativas da Deputación que complementarán a programación do Arde Lucus. Deste xeito, os miles de visitantes que se acheguen ata Lugo esta fin de semana poderán visitar a aula-barco Muralla de Lugo, recén estreada na Mariña e apadriñada polo Secretario de Estado do Ministerio de Política Territorial, Gustavo Zarrías. A embarcación, dotada de novas tecnoloxías pero tamén de aparellos pesqueiros da Mariña, pon en valor a costa lucense, a promoción económica medioambiental da provincia, e o Monumento Bimilenario por excelencia.
Na Praza do Seminario, ó carón do barco, tamén se asentará este domingo o campamento eco-tecno-lóxico; no que o organismo provincial dará a coñecer o Km@ Deputación de Lugo que, enmarcado no programa InnovaTE, promociona a administración electrónica.
Moeda oficial do Arde Lucus
Co motivo da celebración da festa romana, integrantes da Asociación Cohors III Lucensium entregáronlle este xoves ó Presidente da Deputación as moedas do Arde Lucus. Trátase da primeira entidade que crea unha iniciativa semellante, e que, segundo eles, deben ter todos os representantes das institucións luguesas. Esta asociación creada en 2007 foi medrando ano tras ano e, na actualidade, conta con 60 asociados da provincia e doutros puntos de Galicia como Santiago de Compostela.
A Cohors III Lucensium, vén organizando en cada edición unha serie de actividades culturais. Este ano, co obxectivo de seguir innovando, realizaron a primeira acuñación de Moneda Oficial ARDE LUCUS MMX. Está realizada en bronce, no anverso figura a cara de Augustu e reza o seguinte: CAESAR AVGVSTVS DIVI F PATER PATRIAE. (César Augusto Diviño Pai da Patria).
A moeda repartiuse polos establecementos e ten un valor de dous euros. O obxectivo da iniciativa é que os asistentes se sintan máis identificados coa cidade, facendo que público e comerciantes se metan no papel da festa, exportando unha imaxe positiva e cordial das xentes de Lucus Augusti.
A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.