Notas de prensa

O conselleiro de Presidencia visita as zonas da Mariña lucense afectadas polas fortes choivas

Alfonso Rueda destacou que o operativo habilitado pola Xunta de Galicia para minimizar as incidencias causadas polas intensas choivas funciona “adecuada e coordinadamente”.

O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, desprazouse ata a Mariña lucense para visitar as principais zonas afectadas polas choivass acontecidas nas últimas horas nesta zona. Concretamente, visitou os concellos de Cervo, Burela e Barreiros, onde reuniuse cos seus alcaldes, aínda que tamén mantivo contacto cos rexedores de Lourenzá, Viveiro e Ribadeo, co presidente da Deputación de Lugo, José Manuel Gómez Besteiro, que tamén se tiña desprazado á Mariña lucense.

Alfonso Rueda estivo acompañado en todo momento pola delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva; e o xerente da Axega, Juan José Muñoz.

O conselleiro destacou que o operativo habilitado pola Xunta de Galicia, en coordinación cos concellos afectados e a Deputación de Lugo, para minimizar as incidencias causadas polas intensas choivas rexistradas na Mariña lucense funciona” adecuada e coordinadamente”.

Balance de incidencias

As precipitacións rexistradas entre as 23.00 horas de onte e as 12.00 horas de hoxe teñen provocado ata 56 incidencias relacionadas principalmente anegamentos de vivendas, baixos comerciais e garaxes. Así mesmo tamén se teñen producido 24 incidencias por verquidos en estradas debido á caída de pedras, terra, árbores ou pola creación de bolsas de auga en estradas.

Os concellos máis afectados están a ser Barreiros, Burela, Cervo, e Ribadeo, aínda que tamén houbo incidencia relacionadas coas chuvias en Lourenzá, Foz,Viveiro e Xove.

As incidencias máis destacables que se rexistraron están relacionadas con estradas secundarias e locais cortadas nos concellos de Xove, Foz, Cervo, Ribadeo, Lourenzá, Viveiro e Trabada; así como ás que afectaron ao tramo da liña férrea Ferrol-Ribadeo. Neste último caso, a incidencia máis destacada foi a colisión dun tren contra unha árbore no concello de O Vicedo, que afortunadamente non tivo feridos.

Grupo de Apoio Loxístico

Ante as predicións meteorolóxicas recibidas a última hora de onte, a Axencia Galega de Emerxencias (Axega) enviou á Mariña lucense ao seu Grupo de Apoio Loxístico, dotado cun remolque para achiques e dun Posto de Mando Avanzado, que quedou instalado no Concello de Barreiros pasada a medianoite.

En dito posto estivo a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias; o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva; e o xerente da Axega, Juan José Muñoz; así como responsables de distintos grupos de intervención e corpos de seguridade.

Pola súa banda, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (MATI), a través da Administración Hidráulica de Galicia, puxo en marcha desde a sete e media desta madrugada, un operativo dun total de 13 persoas, que nestes momentos se encontran, principalmente, no Concello de Cervo.

A MATI informa de que, respecto da situación dos viais, o incidente máis salientable na rede de estradas autonómica produciuse na estrada da Costa, á altura do punto quilométrico 93, no Concello de Xove. A causa dos arrastres de terras, procedentes dos desmontes que se están a realizar nas obras da VAC Celeiro-San Cibrao, cubriuse parte da calzada de dito vial. Non obstante, coa colaboración da maquinaria do concello procedeuse a retirar o material que obstruía a circulación, restablecéndose a mesma a primeira hora da mañá. Nestes momentos atópase un retén de vixilancia para evitar novos desprendementos.

En relación co resto de viais, os dispositivos do Servizo de Conservación de Estradas están en permanente alerta co obxectivo de actuar naqueles puntos nos que se produzan incidentes. Nestes momentos estase a despexar a estrada LU-102 á altura de Viveiro, logo dun desprendemento que tivo lugar esta mañá.

Segundo as predicións meteorolóxicas, durante a xornada de mañá, venres, continuarán as chuvias con carácter persistente, pero a previsión apuntan a que irán perdendo intensidade, quedando os acumulados xa por debaixo dos 40 l/m2 durante toda a xornada. O dispositivo habilitado pola Xunta de Galicia continuará en plena actividade ata que se recupere a normalidade na zona.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2010-06-10

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival.jpg) O ciclo xa ofreceu xa en marzo e abril as actuacións de Andhrea & The Black Cats na Pecera de Vigo e na Pousada da Galiza Imaxinaria, de Sabela King & The Heartbreakers e The Lakazans en La Room, de Ferrol, e continuará mañá venres 22 de maio co concerto de Berlai na sala boirense. A programación seguirá o 30 de maio con Habelas Hainas, na sala Guión de Pontedeume; o 13 de xuño con Cachas & Cousins, no Club Clavicémbalo, de Lugo; o 1 de agosto con Habelas Hainas, na Arca da Noe, de Vilar de Santos; o 11 de setembro con Sacha na Horta, no Club Clavicémbalo; o 10 de outubro con Blues do País e O Sindicato da Verbena, na Arca da Noe; o 24 de outubro con The Lakazans e o 28 de novembro con Habelas Hainas, estas dúas últimas no Pub Gatos, de Melide.
Foto de la tercera plana (lobo-galicia.jpg) A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ãngeles Vázquez, denunciou que o Goberno central está a comprometer a viabilidade das explotacións gandeiras coa súa postura sobre a protección do lobo. Durante unha visita que realizou en Vilalba a unha explotación gandeira en extensivo que sufriu varios ataques de lobo, a conselleira explicou que o sector gandeiro está a sufrir as consecuencias do empeño do Ministerio para a Transición Ecolóxica en que o estado de conservación desta especie sexa desfavorable.

Notas

O Concurso Runas 2026, que desde o ano 2000 impulsa a difusión da cultura e da música celta, pechou as súas votacións en liña superando os 100.000 votos emitidos, consolidando esta edición como unha das de maior participación dos últimos anos. O resultado final estivo marcado pola coincidencia entre o voto popular e a valoración do xurado profesional, que seleccionaron a JDC, Aérokorda e Leni Pérez & Sekadra como os tres grupos finalistas que actuarán este verán no Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira.
Baixo o título ...miña prenda, desde este xoves e ata o 24 de xullo, a Sala Alterarte acolle unha exposición do artista Xosé Poldras comisariada por Marta García. Con ela pecharase a programación deste curso académico do espazo expositivo do campus de Ourense. A mostra recolle principalmente gravados deste creador pero tamén dá entrada a outro tipo de pezas súas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES