Notas de prensa

Gómez Besteiro e Pilar Farjas acordan a transferencia dos hospitais provinciais ó Sergas

O Presidente da Deputación subliña que “coa transferencia adelgazamos a propia Deputación de Lugo, o cal se reflictirá no Orzamento do vindeiro ano”.

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, mantivo unha xuntanza coa Conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, na que acordaron os prazos da transferencia dos hospitais provinciais ó SERGAS, de tal xeito que a sinatura do protocolo marco que vai guiar o traspaso dos centros sanitarios de San Rafael e de San José producirase en Lugo ó redor do 15 de xuño, co obxectivo de que a transferencia sexa efectiva o 1 de xaneiro de 2011, momento a partir do cal o SERGAS se encargará dos traballadores e dos doentes.

No encontro de hoxe o titular provincial e a responsable do departamento autonómico pecharon os puntos xerais sobre a liquidación da débeda contraída pola Xunta coa Deputación dende o 1 de xaneiro de 2005 ata o 31 de decembro de 2009, quedando por realizar pequenos axustes económicos da anualidade de 2010.

O máximo mandatario provincial subliñou que “nunha situación económica como a actual adelgazamos a propia Deputación de Lugo, o cal se reflictirá no Orzamento de 2011. Non nos temos que adicar a competencias impropias, a unha función que nas últimas décadas non tiña razón de ser. No momento actual hai que apelar á responsabilidade e á utilidade. Hoxe pechamos un episodio anacrónico”.

A transferencia dos hospitais permitirá ofrecer ós pacientes servizos de calidade e racionalizar os recursos públicos. Para a Deputación esta era unha asignatura pendente, polo que o actual equipo de goberno amosou dende o primeiro momento unha vontade decida para sacar adiante o proceso. Neste senso, Gómez Besteiro lembrou que o inicio das negociacións se produciu co anterior goberno da Xunta, “porque para nós este é un proceso querido e saudable, sobre todo en termos económicos e competenciais”.

A xuntanza de hoxe é un acontecemento histórico resultado dunha boa xestión protagonizada polo actual equipo de goberno, o mesmo que desbloqueou e pagou as outras grandes débedas históricas desta provincia como o canon hidroeléctrico, os parques de bombeiros ou a UNED.

Sanitarios e doentes

Tal e como figurará no protocolo que asinarán o responsable provincial e a Conselleira de Sanidade en xuño, só quedarán 22 traballadores que seguirán pertencendo á Deputación. No caso do persoal sanitario do hospital de San José o traspaso producirase no último trimestre de 2010 e, no caso dos profesionais de San Rafael, este realizarase nos primeiros tres meses de 2011, sendo a data máxima o 31 de marzo.

Sobre este asunto, Farjas anunciou que a vindeira semana o departamento que dirixe iniciará os contactos coa Consellería de Benestar para estudar de xeito individual a situación particular de cada enfermo do centro de San Rafael, e definir o procedemento a seguir segundo a súa patoloxía.

Inmobles

Polo que se refire ós inmobles, Gómez Besteiro anunciou que se porá en contacto inmediatamente cos Alcaldes dos Concellos de Lugo e de Castro de Rei, para abordar o seu uso. Deste xeito, subraiou que, no caso das instalacións de Castro Riberas de Lea, a Deputación queda aberta a calquera proxecto, e a súa participación limitarase á cesión do inmoble.

Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Lugo, 2010-05-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (vacina-gripe-2026.jpg) A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
Foto de la tercera plana (empresas-transformacion.jpg) O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.

Notas

Anne L'Huillier, Premio Nobel de Física en 2023, visita esta semana Santiago de Compostela no marco do Programa ConCiencia da USC e do Consorcio de Santiago. Entre o extenso programa de actividades previsto, a profesora da Universidade de Lund (Suecia) pronunciará o 2 de outubro, ás 19.30 horas, no Auditorio ABANCA (Rúa Preguntoiro, 23. Santiago), a conferencia ‘O mundo dos átomos á escala de tempo do attosegundo’, aberta ao conxunto da cidadanía.
Como 'unha selección de miradas' a un 'territorio híbrido entre arte e ciencia' preséntase un libro editado polo grupo de investigación dx5, da Facultade de Belas Artes, en colaboración co grupo AF4, da Escola de Enxeñaría Forestal, que fai balance das reflexións xurdidas nas tres primeiras edicións do ciclo de encontros científicos Art at the Edge of Nature, que puñan o foco nas conexións da creación artística co medio ambiente, a sustentabilidade, os novos materiais ou as humanidades dixitais.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES