Notas de prensa

Estudantes de primaria montan un crebacabezas xigante do mapa da UE

Preto de 60 nenos de ata 11 anos colocan nas inmediacións da Catedral de Santiago de Compostela as pezas que representan os 27 Estados membros da Unión Europea (UE), no marco da celebración da Semana de Europa.

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE e director-apoderado da Fundación Galicia Europa, Jesús Gamallo, acudiu á montaxe dun crebabezas xigante da Unión Europea por parte de escolares de primaria de colexios de Santiago de Compostela. A actividade, promovida pola Fundación Galicia Europa, forma parte dos actos de conmemoración do vindeiro nove de maio, Día de Europa.

Arredor de 60 nenos de 14 centros composteláns armaron esta tarde, un crebacabezas do mapa da UE. Os rapaces, que se dividiron por grupos, foron responsables de colocar as pezas coa forma dos 27 Estados membros no seu correspondente lugar de xeito que configuraron a xeografía comunitaria. O quebracabezas montouse na praza do Toural que quedou practicamente cuberta xa que o conxunto ocupa cerca de 81 metros cadrados.

Semana de Europa

Ata o 9 de maio, a Fundación Galicia Europa realiza unha serie de eventos que buscan achegar o labor das institucións comunitarias aos cidadáns, fomentar a conciencia europea e promocionar Galicia e o Xacobeo 2010 nos Estados membros da Unión Europea.

Os actos diríxense a todos os públicos, desde nenos ata universitarios e maiores. Así, mañá, estudantes universitarios galegos e estranxeiros farán unha lectura pública da Carta de Dereitos Fundamentais da UE na Alameda, ás 19.00 horas, acompañados polo director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo.

O venres día 7, o eurodeputado Francisco Millán Mon pronunciará a conferencia “Situación actual e perspectivas de futuro da UE coa entrada en vigor do Tratado de Lisboa”, ás 19.30 h. no Hotel Araguaney. Neste acto, presentarase o texto do Tratado de Lisboa en galego, comentado por expertos académicos e editado pola Fundación Galicia Europa, que repartirá exemplares aos asistentes.

O sábado 8 de maio, con motivo da xornada de portas abertas das institucións comunitarias, Galicia contará con dous espazos promocionais do Xacobeo 2010, un na sede do Consello da Unión Europea e outro no Comité das Rexións.

A Semana de Europa concluirá o nove de maio, Día de Europa, cunha declaración institucional do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2010-05-05

Actualidad

Foto del resto de noticias (vacina-gripe-2026.jpg) A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
Foto de la tercera plana (empresas-transformacion.jpg) O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.

Notas

Anne L'Huillier, Premio Nobel de Física en 2023, visita esta semana Santiago de Compostela no marco do Programa ConCiencia da USC e do Consorcio de Santiago. Entre o extenso programa de actividades previsto, a profesora da Universidade de Lund (Suecia) pronunciará o 2 de outubro, ás 19.30 horas, no Auditorio ABANCA (Rúa Preguntoiro, 23. Santiago), a conferencia ‘O mundo dos átomos á escala de tempo do attosegundo’, aberta ao conxunto da cidadanía.
Como 'unha selección de miradas' a un 'territorio híbrido entre arte e ciencia' preséntase un libro editado polo grupo de investigación dx5, da Facultade de Belas Artes, en colaboración co grupo AF4, da Escola de Enxeñaría Forestal, que fai balance das reflexións xurdidas nas tres primeiras edicións do ciclo de encontros científicos Art at the Edge of Nature, que puñan o foco nas conexións da creación artística co medio ambiente, a sustentabilidade, os novos materiais ou as humanidades dixitais.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES