Notas de prensa

33.000 persoas están chamadas a votar para elexir novo reitor na USC

O novo reitor ou reitora da USC, os representantes no Claustro Universitario e nos Consellos de Departamento da universidade compostelá nos campus de Santiago e de Lugo serán elexidos por un total de 33.565 persoas que están chamadas a votar. Estrénase o e-voto nunha experiencia piloto.

33.565 persoas están chamadas a votar o mércores, 5 de maio, para elixir novo reitor ou reitora e os representantes no Claustro Universitario e nos Consellos de Departamento da Universidade de Santiago de Compostela. O voto deberá depositarse, segundo corresponda e entre as 10:30 e as 18:30 horas, nas 59 mesas distribuídas nos centros dos Campus de Santiago e Lugo así como no Colexio de San Xerome ou no Edificio Intercentros.

O total do censo repártese entre 1.349 do sector de profesorado funcionario doutor, que representa o 51 % do voto ponderado para a elección de reitor ou reitora; o resto do PDI (o 14 % do voto ponderado) distribúese entre funcionario non doutor (84 persoas), contratado doutor, colaborador ou axudante doutor e axudantes (294) e outro PDI (795); o terceiro sector, de investigadores en formación e estudantes de terceiro ciclo e posgrao, o 3 % do voto ponderado, conta con 1.257 investigadores en formación e 1.867 estudantes de terceiro ciclo e posgrao; os estudantes de primeiro e segundo ciclo, 26.516, co 24% do voto ponderado e, finalmente, o persoal de administración e servizos, con 1.403 censados, que tería o 8 % do devandito voto.

Reitor ou reitora

A estas eleccións concorren un total de sete candidatos á Reitoría, tres mulleres e catro homes: Pilar Bermejo Barrera, Mercedes Brea López, Juan Casares Long, Lourenzo Fernández Prieto, Jaime Gómez Márquez, Laura Sánchez Piñón e Juan Varela Durán.

Logo da votación este mércores, 5 de maio, a proclamación provisional ou, de ser o caso, dos candidatos que concorran á segunda volta coñecerase dous días máis tarde. De ser necesaria esta segunda volta a prolongación da campaña electoral será do 19 ao 22 de maio, coa votación o 24 de maio. A proclamación definitiva retrasaríase neste suposto ao 4 de xuño.

e-voto

A USC está a ser unha das primeiras universidades do Estado que implanta o voto electrónico, logo de que o Sistema Universitario Galego fose o primeiro en adquirir unha plataforma de voto electrónico única para as tres universidades.

Nesta experiencia piloto, que só se aplica á elección de representantes nos Consellos de Departamento, participan quince departamentos tendo a oportunidade de votar electronicamente 15.375 persoas do sector estudantes de primeiro e segundo ciclo, 189 do sector de PDI non doutor a tempo parcial e 15 PAS.

Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC), 2010-05-04

Actualidad

Foto del resto de noticias (vacina-gripe-2026.jpg) A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
Foto de la tercera plana (empresas-transformacion.jpg) O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.

Notas

Anne L'Huillier, Premio Nobel de Física en 2023, visita esta semana Santiago de Compostela no marco do Programa ConCiencia da USC e do Consorcio de Santiago. Entre o extenso programa de actividades previsto, a profesora da Universidade de Lund (Suecia) pronunciará o 2 de outubro, ás 19.30 horas, no Auditorio ABANCA (Rúa Preguntoiro, 23. Santiago), a conferencia ‘O mundo dos átomos á escala de tempo do attosegundo’, aberta ao conxunto da cidadanía.
Como 'unha selección de miradas' a un 'territorio híbrido entre arte e ciencia' preséntase un libro editado polo grupo de investigación dx5, da Facultade de Belas Artes, en colaboración co grupo AF4, da Escola de Enxeñaría Forestal, que fai balance das reflexións xurdidas nas tres primeiras edicións do ciclo de encontros científicos Art at the Edge of Nature, que puñan o foco nas conexións da creación artística co medio ambiente, a sustentabilidade, os novos materiais ou as humanidades dixitais.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES