
O director xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Santos, e a directora de Marketing de Aguas de Mondariz, Alejandra Bernardo, presentaron a serie exclusiva de seis botellas coleccionables dedicadas a algunhas das principais etapas do Camiño de Santiago. Aguas de Mondariz é patrocinador e provedor oficial do Xacobeo 2010.
Na presentación, Ignacio Santos, definiu a serie exclusiva de botellas de Mondariz como un importante proxecto que, segundo recalcou, demostra o compromiso desta marca con Galicia e con todo o que significa este Xacobeo 2010.
Ignacio Santos engadiu que esta iniciativa permitirá que milleiros de consumidores de Augas de Mondariz fagan, a través destas botellas, unha ruta por varias etapas dun Camiño que este ano acollerá a peregrinos chegados de todas as partes do mundo.
Pola súa banda, a directora de Marketing de Aguas de Mondariz, Alejandra Bernardo, destacou que esta acción comercial de Aguas de Mondariz enmárcase na colaboración activa que a compañía ven mantendo co Xacobeo desde fai un año, favorecendo a súa promoción e difusión na trintena de países onde Aguas de Mondariz ten distribución.
Asemade, Alejandra Bernardo sinalou que este coleccionable, que supuxo un grande reto para Aguas de Mondariz, responde ao compromiso da marca con toda Galicia, onde somos líderes, e tamén a nosa vocación de continuar incrementado nosa presenza no resto do territorio nacional.
Dedicadas a localidades do Camiño
Da primeira unidade da colección, centrada en Campus Estelae (Compostela), Aguas de Mondariz comezou a comercializar un total de 75.000 unidades, que terán continuidade ao longo do resto do ano coa progresiva saída ao mercado das botellas dedicadas a Roncesvalles, Puente la Reina, Burgos, León e Ponferrada.
Por último, Alejandra Bernardo subliñou que, ao marxe desta promoción especial, Aguas de Mondariz implicouse co Xacobeo difundindo a súa celebración en todos os seus materiais e envases, como as botellas PET, as botellas de vidro ou as caixas.
A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.