Notas de prensa

Santiago de Compostela acolle o III Foro de Reitores Hispano-Chineses

Académicos debaten sobre a importancia das novas tecnoloxías no sistema educativo, no marco da terceira edición do Foro de Reitores Hispano-Chineses que acolle a Universidade de Santiago de Compostela (USC).

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, inaugurou o III Foro de Reitores Hispano- Chineses “Transferencia do coñecemento e emprendemento nas universidades. Cooperación e entendemento entre as universidades chinas e españolas”.

Vázquez Abad compartiu a apertura do encontro co presidente da Conferencia de Reitores das Universidades Españolas (CRUE), Federico Gutiérrez Solana; o embaixador de China en España, Zhu Baugzoa; o viceministro de Educación de China; o reitor da Universidade de Santiago; e o secretario Xeral de Universidades, Marius Rubiralta.

Durante a súa intervención, Vázquez Abad lembrou que este encontro “pon de relevo a decisión e crecente importancia que o traballo universitario proxecta sobre todos os ámbitos da vida, máis alá de fronteiras, orixes políticos e ideolóxicos dos cidadáns“, ao que engadiu que “o traballo académico e universitario cada vez está máis vinculado aos distintos espazos económicos e empresariais”. Neste sentido o conselleiro explicou que “o espírito universitario está neste Foro proporcionando ansia de futuro e vocación de continuidade no momento histórico que nos toca vivir. Un espírito en parte creado no Camiño de Santiago que debería dotar a Universidade de Galicia de perfiles netamente europeos, no camiño dunha incipiente globalidade”.

Novas tecnoloxías

No III Foro reflexionarase sobre a transferencia do coñecemento para axudar ao desenvolvemento social e económico; a apertura de centros de creación e experimentación de investigación a novos axentes sociais, especialmente as empresas, para compartir unha cultura de I+D+I; o establecemento de obxectivos para a investigación de cara ás necesidades relativas ás demandas da sociedade; a creación de novas estruturas de innovación baseadas na colaboración universidade-empresa, e os campus de excelencia; e a promoción dos investigadores e proxectos conxuntos.

Ao longo de todo, o día os 25 reitores españois asistentes aos encontro xunto aos 30 procedentes do país asiático estarán representados pola reitor da Universidade das Illes Balears, Montserrat Casas; e o vicerreitor da East China Normal University, Lin Zaiyong. Todos eles debaterán no Pazo de Fonseca sobre a cooperación e entendemento entre ambos países. Posteriormente presentaranse os sistemas universitarios vixentes tanto en España como en China, e tratarase a responsabilidade social das universidades.

NotaA Universidade de Santiago de Compostela acolle este terceiro foro no que se espera reforzar os compromisos de igualdade, calidade e cooperación establecidos na pasada reunión celebrada en Shanghai hai dous anos. A organización conta coa colaboración dos Ministerios de Educación e Asuntos Exteriores de España e China.

Achegamento cultural

Este evento está enmarcado dentro dun crecente proceso de achegamento cultural, tecnolóxico e artístico que se iniciou en 2003 con a celebración do encontro en Madrid. O acto de hoxe rematará coa visita dos participantes ao Campus de Excelencia Internacional- Campus Vida- da USC e a Cidade da Cultura de Galicia.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, 2010-04-12

Actualidad

Foto del resto de noticias (vacina-gripe-2026.jpg) A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
Foto de la tercera plana (empresas-transformacion.jpg) O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.

Notas

Anne L'Huillier, Premio Nobel de Física en 2023, visita esta semana Santiago de Compostela no marco do Programa ConCiencia da USC e do Consorcio de Santiago. Entre o extenso programa de actividades previsto, a profesora da Universidade de Lund (Suecia) pronunciará o 2 de outubro, ás 19.30 horas, no Auditorio ABANCA (Rúa Preguntoiro, 23. Santiago), a conferencia ‘O mundo dos átomos á escala de tempo do attosegundo’, aberta ao conxunto da cidadanía.
Como 'unha selección de miradas' a un 'territorio híbrido entre arte e ciencia' preséntase un libro editado polo grupo de investigación dx5, da Facultade de Belas Artes, en colaboración co grupo AF4, da Escola de Enxeñaría Forestal, que fai balance das reflexións xurdidas nas tres primeiras edicións do ciclo de encontros científicos Art at the Edge of Nature, que puñan o foco nas conexións da creación artística co medio ambiente, a sustentabilidade, os novos materiais ou as humanidades dixitais.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES