
A conselleira delegada da Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, Turgalicia, Carmen Pardo, e mais o representante de Air Berlín PLC & CO. Luftverkehrs KG, Álvaro Middelmann, asinaron un acordo entre as dúas sociedades co obxecto de favorecer a promoción turística de Galicia, coa fin de que se converta nun destino turístico internacional especialmente no eido europeo.
Air Berlín é a segunda compañía aérea máis grande de Alemaña, a terceira aeroliña de baixo custe de Europa e unha das empresas mellor valoradas polos usuarios pola calidade dos seus servizos. Air Berlín ofrece voos en todo o eido europeo e ademais mantén un hub en Palma de Mallorca. O obxectivo do convenio que se ven de asinar é levar a cabo a realización dunha campaña de promoción turística entre os pasaxeiros da compañía Air Berlín para dar a coñecer os aeroportos e cidades galegas ás que voa esta compañía e, deste xeito, dar unha imaxe de destino próximo e doadamente accesible para o mercado español e europeo. O mercado alemán é estratéxico dende o punto de vista turístico e comercial dado que se trata dunha gran potencia económica en Europa.
A campaña publicitaria desenvolverase nos mercados de orixe de interese de Turgalicia; neste caso son de interese os mercados alemán, suízo, austríaco, holandés e dinamarqués. Para isto, Turgalicia e Air Berlín acordaron un plan de marketing no que se detallan os medios e mais as datas de publicación. Turgalicia insertará ao longo do ano 2010 un micro site na web de Air Berlín para promocionar o destino Galicia. O deseño deste microsite e mais o seu contido desenvolverase en colaboración entre Turgalicia e Air Berlín. Para financiar os gastos das accións derivadas do acordo, Turgalicia fará unha achega de 300.000 euros.
Nova conexión
Prevendo o éxito desta colaboración, Air Berlín anunciou ademais que a partir do 26 de xuño e ata o 25 de setembro apliarán as frecuencias entre Palma de Mallorca e Santiago. Haberá unha nova conexión os sábados entre o aeroporto de Palma e o da Lavacolla ás 9.25 horas e entre o aeroporto de Santiago e o de Palma ás 11.50 horas.
Accións promocionais en destinos emisores
Por primeira vez se desenvolve de cara ao Ano Santo 2010 desde a Secretaría Xeral para o Turismo, a través de Turgalicia, unha campaña de comunicación para dar notoriedade ao destino Galicia. Destinaránse 1,3 millóns de euros en accións de comunicación nos destinos europeos que conectarán cos aeroportos Galegos e as súas áreas de influencia, co obxectivo de estimular a demanda. O obxectivo destas accións promocionais en destino é aumentar o número de pasaxeiros que utilicen esas aeroliñas de modo que, a medio prazo, resulten rentables e se podan financiar nun futuro outras novas conexións. Este investimento de 1,3 millóns é adicional ao investimento global do Goberno galego de 4,5 millóns de euros aportados polas Consellerías de Cultura e Turismo; Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e mais Economía e Industria- que se investirán para apoiar os destinos internacionais das aeroliñas de baixo custe.
Con esta contribución, dende a Secretaría Xeral para o Turismo da Consellería de Cultura e Turismo e máis dende a Dirección Xeral de Mobilidade e a Dirección Xeral de Comercio preténdese aumentar a cota do turismo internacional, mellorar a calidade de vida dos galegos mellorando a súa mobilidade e facilitar a apertura da economía galega ao exterior, propiciando a internacionalización das empresas.
A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.