
O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, firmou un convenio co alcalde do concello lugués de Palas de Rei, Fernando Alfredo Pensado, para a posta en valor do tramo do Camiño de Santiago ao seu paso polo Concello. O importe total da actuación ascenderá a 536.555 euros, do que a Xunta de Galicia aporta o 25% e o Ministerio de Fomento o 75% restante con cargo ao 1% Cultural.
Concretamente, procederase á mellora da pavimentación mediante chantas de pedra e lousa e completarase cunha plantación vexetal de especies autóctonas ao longo do camiño. Ademais disto, procederase ao saneamento das augas pluviais que discorren polo tramo. A área total onde se levarán a cabo as obras ocupa unha superficie de 6.500 metros cadrados.
Dende a Consellería de Medio Ambiente apostase por este tipo de actuacións porque para que os usuarios do Camiño e os cidadáns de xeral poidan disfrutar do resultado de iniciativas como esta, xa que supoñen a recuperación do patrimonio histórico e o fomento da actividade económica da Comunidade galega.
Obrigas das administracións asinantes
A Consellería de Medio Ambiente, ademais de realizar as achegas sinaladas; reservarase o dereito de inspeccionar as obras en cada momento tanto durante a súa execución como ao seu remate.
O Concello de Palas de Rei redactará o proxecto da obra e realizará as xestións pertinentes para a obtención dos permisos, licencias ou autorizacións regulamentarias; asumindo os custos das mesmas. Posteriormente, deberá proceder ás labores de contratación e execución das obras.
Por outro lado, o Concello ten a obriga de render contas do gasto do diñeiro aportado por Medio Ambiente, presentando os xustificantes de gasto e as actas de recepción das obras.
Comisión de seguimento
Para o correcto cumprimento do convenio, formarase unha comisión de seguimento onde haberá un representante de cada unha das partes que servirá para resolver posibles controversias ou incidencias ao longo da vixencia do convenio.
A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.