Notas de prensa

Catro estudantes galegos reciben en Madrid os Premios Nacionais 2007-2008 de BAC e FP

Resultaron galardoados dous estudantes das familias Marítimo- Pesqueira e Química de Formación Profesional, e dous de Bacharelato.

Catro estudantes galegos de Formación Profesional e Bacharelato viron recoñecidos os seus esforzos durante o curso 2007-2008 ao recibir de mans do ministro de Educación, Ángel Gabilondo, os Premios Nacionais relativos a ambas ramas de estudos. No acto celebrado en Madrid, na sede do Consello Superior de Investigacións, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria estivo representada polo director de Centros e Recursos Humanos, José Manuel Pinal.

Os premiados recibiron de mans do titular de Educación un diploma acreditativo do premio, dotado con 1.200 euros. Ademais todos, en total 41 premiados en todo o territorio nacional, terán unha mención especial nos seus expedientes nos que quedará reflectido que obtiveron os Premios Nacionais.

No caso dos premiados en Bacharelato, entre os quince finalistas foi distinguido o traballo desenvolvido por Alejandro Rivero de Aguilar Pensado, do IES Rosalía de Castro, en Santiago de Compostela; e por David Viso Vidal, do IES As Lagos de Ourense.

Por outra banda, en Formación Profesional de Grao Superior entre os 26 galardoados destacan as galegas Vanessa Nimo Fernández, alumna do ciclo formativo de grao superior de Química ambiental no CIPF Politécnico de Santiago, e Ana María Millán Oubiña, alumnas de Produción acuícola no IGAFA- Instituto Galego de Formación en Acuicultura de A Illa de Arousa. Ambos centros educativos son un referente destas familias profesionais a nivel da Comunidade Autónoma e do Estado.

Estes Premios Nacionais foron creados como recoñecemento relevante dos alumnos e alumnas de Formación Profesional Específica de grao superior, unha convocatoria onde cada Comunidade Autónoma podía presentar un estudante por cada familia profesional. O xurado tivo en conta non só o expediente, senón os méritos académicos e profesionais dos participantes.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, 2010-04-06

Actualidad

Foto del resto de noticias (vacina-gripe-2026.jpg) A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
Foto de la tercera plana (empresas-transformacion.jpg) O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.

Notas

Anne L'Huillier, Premio Nobel de Física en 2023, visita esta semana Santiago de Compostela no marco do Programa ConCiencia da USC e do Consorcio de Santiago. Entre o extenso programa de actividades previsto, a profesora da Universidade de Lund (Suecia) pronunciará o 2 de outubro, ás 19.30 horas, no Auditorio ABANCA (Rúa Preguntoiro, 23. Santiago), a conferencia ‘O mundo dos átomos á escala de tempo do attosegundo’, aberta ao conxunto da cidadanía.
Como 'unha selección de miradas' a un 'territorio híbrido entre arte e ciencia' preséntase un libro editado polo grupo de investigación dx5, da Facultade de Belas Artes, en colaboración co grupo AF4, da Escola de Enxeñaría Forestal, que fai balance das reflexións xurdidas nas tres primeiras edicións do ciclo de encontros científicos Art at the Edge of Nature, que puñan o foco nas conexións da creación artística co medio ambiente, a sustentabilidade, os novos materiais ou as humanidades dixitais.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES