Notas de prensa

Preescolar na Casa recibe unha achega de 500.000 euros da Xunta

O obxectivo do programa é acadar o desenvolvemento integral do neno, sobre todo nas súas primeiras etapas, así como axudar á familia a reforzar a súa confianza como educadores e incrementar as súas destrezas.

A Consellería de Traballo e Benestar vén de asinar o convenio de colaboración coa Fundación “Preescolar na casa”, por un importe de medio millón de euros. Deste xeito, o departamento autonómico dá continuidade a este programa.

Os obxectivos principais da iniciativa pasan por acadar o desenvolvemento integral do neno, especialmente nas súas primeiras etapas, así como axudar á familiar a reforzar a súa confianza como educadores e incrementar as súas destrezas para mellorar as prácticas educativas. Ademais, este programa tamén ten como fin a promoción da cultura e da lingua galega e a súa normalización.

Ademais, persegue crear actitudes favorables dos pais e nais para que tomen parte activa na educación dos fillos e mellorar o sistema de información sobre o desenvolvemento do neno.

Para acadar estes fins, a iniciativa promove o contacto presencial, programando reunións de orientación de carácter quincenal en cada un dos concellos que participan no programa, ademais da edición dunha revista de periodicidade bimensual. A Fundación tamén mantén unha páxina web na que figuran os contidos actualizados do programa.

Segundo os últimos datos dos que se dispoñen –referentes a 2008-, este proxecto estivo presente en 270 concellos e beneficiou a máis de 4.400 familias e máis de 4.600 nenos e nenas.

De feito, o obxectivo do programa é procurar que todas as familias con fillos entre os 0 e os 6 anos teñan a oportunidade de participar en “Preescolar na casa”.

No convenio establécese tamén unha comisión mixta de seguimento e coordinación, integrada pola Conselleira de Traballo e Benestar e o presidente da Fundación “Preescolar na casa”, ou polas persoas nas que deleguen.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, 2010-04-01

Actualidad

Foto del resto de noticias (vacina-gripe-2026.jpg) A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
Foto de la tercera plana (empresas-transformacion.jpg) O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.

Notas

Anne L'Huillier, Premio Nobel de Física en 2023, visita esta semana Santiago de Compostela no marco do Programa ConCiencia da USC e do Consorcio de Santiago. Entre o extenso programa de actividades previsto, a profesora da Universidade de Lund (Suecia) pronunciará o 2 de outubro, ás 19.30 horas, no Auditorio ABANCA (Rúa Preguntoiro, 23. Santiago), a conferencia ‘O mundo dos átomos á escala de tempo do attosegundo’, aberta ao conxunto da cidadanía.
Como 'unha selección de miradas' a un 'territorio híbrido entre arte e ciencia' preséntase un libro editado polo grupo de investigación dx5, da Facultade de Belas Artes, en colaboración co grupo AF4, da Escola de Enxeñaría Forestal, que fai balance das reflexións xurdidas nas tres primeiras edicións do ciclo de encontros científicos Art at the Edge of Nature, que puñan o foco nas conexións da creación artística co medio ambiente, a sustentabilidade, os novos materiais ou as humanidades dixitais.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES