
A Consellería de Cultura e Turismo a través da Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, Turgalicia, da Secretaría Xeral para o Turismo, desenvolverá unha campaña de promoción do Camiño de Santiago e o Xacobeo 2010 nas principais cidades españolas para incentivar as viaxes turísticas cara a Galicia a través do Camiño de Santiago e co engado do Xacobeo 2010. Esta campaña comezará o día 12 de abril en Madrid e rematará o día 3 de xullo en Sevilla, pasanto por Valencia, Zaragoza, Barcelona e Bilbao. Esta acción de comunicación do destino turístico Galicia nas principais cidades españolas desenvolverase en centros comerciais e terá como escenario os departamentos de deporte e tempo libre.
A través desta campaña, presentada baixo o reclamo Camino de Santiago, Camino de Galicia, ¿vienes?, difundiranse os valores da Ruta Xacobea, os acontecementos do Xacobeo 2010 e o destino Galicia nun contorno comercial relacionado directamente coa práctica de actividades ao aire libre. Así, durante 10 días, en centros comerciais de gran afluencia de cada unha das cidades, un equipo de persoas familiarizadas co Camiño de Santiago e o Turismo de Galicia, ofrecerán información sobre a ruta xacobea aos clientes dos apartados de tempo libre dos centros comerciais que participan nesta campaña.
Estes equipos de animadores do Camiño terán como misión convidar aos visitantes interesados en artículos relacionados co tempo libre a facer o Camiño de Santiago á vez que ofrecen toda a información precisa para realizar a ruta. Ademais, os animadores do Camiño difundirán tamén os valores turísticos de Galicia en xeral. As persoas encargadas de promocionar o Camiño de Santiago e Galicia nos centros comerciais recibiron previamente un entrenamento que inclúe a realización da ruta xacobea e formación sobre equipamentos, aprovisionamentos e outros aspectos de interese para os peregrinos.
A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.