Notas de prensa

Obispos de toda Galicia asisten ao funeral de Monseñor Peteiro, franciscano e arcebispo emérito de Tánger

Co templo ateigado de fieis e amigos, e as nubes chorando de seguido, celebrouse na Igrexa de San Francisco de Santiago o funeral de enterro de monseñor Antonio Peteiro Freire, arcebispo de Tánger.

Quen fora auténtico fillo de san Francisco e Prícipe da san Igrexa, quen fora maestro carismático de teólogos, alumno egrexio de Salamanca, Friburgo, Lyon e Santiago; quen fora pastor cercano e rompedor de novas liñas de inserción con pobres do campo e da periferia urbana – primeiras experiencias cos seus seminaristas franciscanos por terras de Arzúa e fundación do Centro Xan XXIII para formación de xente pobre no barrio compostelano de Vista Alegre -; quen espallou a sinxelo modo franciscano a profunda sabedoría de Deus entre universitarios de mediciña; o que fora estudiante de altas notas no seu currículo e home de actitude de corte humilde, claro e alegre con todos, finou na madrugada da Festa da Anunciación, este 25 de marzo, coma dicíndolle “si” – igual que María – á irmá Morte.

Longo tempo sen poder comunicarse con ninguén por falta da fala por mor dun ictus cerebral definitivo, este día marchou a falar cos anxos e cos serafins de Deus e de seu Pai San Francisco. Tiña moi boa voz de tenor, sabía moita música, gústaballe cantar ao Señor no coro, no traballo, no lecer, na rúa e no clautro e hoxe atravesou de vez o Pórtico da Gloria para formar parte dos coros celestias que alimenta o sangue do Año e dirixe o Pai da Armonía Universal. E descanse en paz quen traballou arreo por renova-las estruturas da eclesiásticas do seu pobo _ perito no primeiro Síonodo Galego – e pola moita auga que botou no deserto do Magreb para que alí tamén xermolasen cada vez máis “os bortes verdes” do ecumenismo educado e o bo entendemento, e a diplomacia franciscana de séculos sega a facer posible a convivencia fraterna entre os fillos de Alá e os irmáns de Xesús nas terras de Tánxer: descanse en paz Mons. Fr. Antonio Peteiro Freire.

Ás catro e media do serán celebrouse a misa de exequias polo seu eterno descanso na igrexa de San Francisco de Santiago, igrexa que tiña sido o berce da oración privada e litúrgica, das primeiras e renovadoras innovacións pastorais dun frade que ía para bispo grande e de moitos mares ou terras, pero que o destiño ou os vieiros de Deus o deixaron máis que nada coma icono de paixón, cruz e morte na vida, porque esa debe ser a Notacondición de quen “ ha dar a súa a vida polo rabaño”: moi bo o Peteiro este no bispado da súa enfermidade na enfermeria de Noia e na vida enferma de todos los doentes que se lle acercaban. O funeral, que se esparaba solemne coma o dun Príncipe, foi multitudinario, plebiscito de xentes pobres de Yavhé, emotivo e fervoroso ca paradoxa do que a el lle parecía normal segundo a política carismática e graciosa do santo evanxeo.Catro bispos de Galicia, un Superior Maior, un Rector Pontificio, pero moitos, moitos pobres e sinxelos fieis e amigos de sempre, e familia querida aínda xunguida a memoria e o sangue do pai común e labrego que se chamaba Benigno, de quen o Monseñor tiña aprendido as máis grandes verdades da teoloxía.

E o actual bispo de Tánxer, o rianxeiro Santiago Agrelo falou moi ben tamén, rematando o homenaxe e a oración asamblearia: hoxe os pobres de Tánxer acórdanse moito del, tanto, tanto, que coa présa pero máis, co cariño,“rómenlle o nome”. Os pobres, e non vos digo nada como llo rompera o outro seu amigo, o Pobre Xesús: agora, neste intre e sempre xamáis: Antonio bendito de meu Pai! Ven. Xa estamos. Goza do estuaris e da únaca casa rica. Un abrazo, fillo. Amigo e irmán Antonio Peteiro: Igrexa santa do Año que ti sacrificaches no altar e na vida do teu pobo e túa. Que en paz descanses, amigo, irmán.

Orden Franciscana de Lugo, 2010-03-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (vacina-gripe-2026.jpg) A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
Foto de la tercera plana (empresas-transformacion.jpg) O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.

Notas

Anne L'Huillier, Premio Nobel de Física en 2023, visita esta semana Santiago de Compostela no marco do Programa ConCiencia da USC e do Consorcio de Santiago. Entre o extenso programa de actividades previsto, a profesora da Universidade de Lund (Suecia) pronunciará o 2 de outubro, ás 19.30 horas, no Auditorio ABANCA (Rúa Preguntoiro, 23. Santiago), a conferencia ‘O mundo dos átomos á escala de tempo do attosegundo’, aberta ao conxunto da cidadanía.
Como 'unha selección de miradas' a un 'territorio híbrido entre arte e ciencia' preséntase un libro editado polo grupo de investigación dx5, da Facultade de Belas Artes, en colaboración co grupo AF4, da Escola de Enxeñaría Forestal, que fai balance das reflexións xurdidas nas tres primeiras edicións do ciclo de encontros científicos Art at the Edge of Nature, que puñan o foco nas conexións da creación artística co medio ambiente, a sustentabilidade, os novos materiais ou as humanidades dixitais.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES