
No Centro Multimedia da Xunta de Galicia en Santiago presentouse a Guía das Webs de Galicia, editada por Interdix Galicia coa colaboración da Xunta de Galicia.
A Guía, editada a toda cor, recolle en idioma galego- información sobre 4.800 webs galegas, moitas delas reflectindo a súa páxina principal, das que figuran no portal WebsGalicia (www.websgalicia.com), incluído dentro da plataforma na Rede GaliciaDigital (www.galiciadigital.com).
Esta plataforma, cun total de 27 portais relativos a Galicia, recibiu no pasado ano máis de 7.300.000 visitas, con máis de 40.000.000 de páxinas vistas. Un deses portais é WebsGalicia (www.websgalicia.com), no que os promotores da plataforma levan traballando dez anos, e no que figuran arredor de cinco mil páxinas web galegas.
A Guía das Webs de Galicia, que recolle invitación ás webs non incluídas para que se inscriban no Portal, está xa á venda ó prezo de 5 nos quioscos de prensa de Galicia (distribuída por Boreal), encargándose Editorial Galaxia da distribución ás librerías.
A guía que presentamos é o froito de dez anos de traballo de pescuda de páxinas
web de Galicia, dentro do portal de Internet WebsGalicia (www.websgalicia.com), un
dos vinte e sete que posúe a plataforma GaliciaDigital (www.galiciadigital.com).
GaliciaDigital nace en 2000 cumprimos agora dez anos como unha iniciativa
empresarial de carácter familiar, coa intención de propiciar unha plataforma en
Internet que servise de fiestra de Galicia cara o exterior pero tamén para desde Galicia
acceder á realidade galega nos máis diversos ámbitos.
Neste momento temos vinte e sete portais entre informativos e técnicos, que o ano
2009 rexistraron máis de 7.300.000 visitas con máis de 40.000.000 páxinas vistas. Se a
evolución destes tres primeiros meses se mantén, ó final de 2010 alcanzaremos os
9.000.000 de visitas e os 50.000.000 páxinas.
En concreto, o portal WebsGalicia (www.websgalicia.com), un dos primeiros en ser
creados e que recibe arredor de 1.500 visitas diarias, foi posuíndo información de webs
galegas, día a día, averiguando unha a unha porque non existe un rexistro público de
páxinas relacionadas con Galicia, ata que chegando a ter preto de 5.000 pareceunos
chegado o momento de publicar esta información en libro, como unha guía
tradicional, para proporcionar un instrumento que coidamos de grande interese para todas as empresas, autónomos, particulares e institucións, mesmo pensando que a
introdución de Internet en Galicia con ser paulatina e importante precisa de
instrumentos coma este para levar cada día a máis galegos cara a Rede, xa imprescindible para a cultura, a economía ou o lecer.
Obtemos así unha publicación con dobre enfoque ou valor: Un directorio de páxinas
web galegas, de utilidade para todos; e unha especie de radiografía da presenza
galega en Internet, clasificada por categorías ou grupos de actividade.
A Guía, con ser un instrumento de confección recente, é o resume dun traballo diario
nun sector en pleno desenvolvemento e con frecuentes cambios, tanto de
incorporación como de desaparición de webs, que fai que a cotío teñamos que estar
contrastando os nosos datos.
Sacamos a primeira edición desta GUÍA DE WEBS DE GALICIA, agardando poder no futuro efectuar novas publicacións con máis webs, adaptadas á realidade de cada
momento, e por Iso a Guía recolle a chamada para as empresas que non se vexan
reflectidas nestas páxinas a que nos manden os seus datos para incorporalas ás nosas
bases de datos.
Da guía fíxose unha tirada de 7.500 exemplares para a súa distribución ó público, máis
os correspondentes ás entidades colaboradoras, que efectuarán a súa propia
distribución. Os exemplares están xa nas librerías de Galicia, distribuídos a través de
Editorial Galaxia, e nos quioscos de prensa en campaña coordinada por Distribuidora
Boreal, polo que xa poden ser adquiridos na maioría dos puntos de venta de Galicia.
Sinal do impacto que esta publicación está tendo é que nos últimos días as visitas
diarias o portal www.websgalicia.com que viñan sendo de arredor de 1.500 ó día
téñense practicamente triplicado, mesmo antes desta presentación oficial e polo tanto
de que aparecesen referencias nos medios informativos nin na nosa Plataforma dixital.
A empresa Interdix Galicia, impulsora da Plataforma GaliciaDigital, quere agradecer á
Xunta de Galicia especialmente á Secretaría Xeral de Medios- o seu apoio moral e
material a esta iniciativa, e a cesión destas instalacións para a presentación da Guía ós
Medios; agradecemento extensivo ó resto de institucións e empresas que colaboraron
na publicación para facela unha realidade.
A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.