
O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, presentou o libro El Camino de Santiago. Cultura y pensamiento do historiador Francisco Singul, responsable da Área de Exposicións da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo. Roberto Varela definiu ao volume de Francisco Singul como unha obra valiosa e necesaria para coñecer a nosa historia, a evolución histórica deste complexo e apaixonante fenómeno xacobeo que vainos servir para comprender mellor a súa vixencia actual, e para tomar as decisións máis adecuadas e acordes á súa esencia.
A presentación, que tivo emprazo na Fundación Torrente Ballester contou coa presenza da directora cultural da Fundación, Carmen Becerra, o representante de Edicións Bolanda, Antonio Couto e o propio escritor e historiador, Francisco Singul.
O conselleiro de Cultura e Turismo describiu o volume de Singul como unha obra significativa e de valor incalculable dentro dos estudos do fenómeno Xacobeo. Ao fío da obra, o titular de Cultura destacou como obxectivo do Goberno galego de aproveitar a potencialidade do Xacobeo tocante ao crecemento turístico, promoción cultural e impulso económico sen esquecer a esencia xacobea, a súa espiritualidade ecuménica e o ideal de integración europea que fixo posible.
Respecto da autoría da obra, Roberto Varela lembrou o seu incansable traballo de investigación e divulgación e cualificou a Singul como a persoa máis adecuada para a construción deste exemplar. Na súa intervención, o conselleiro describiu ao autor, Francisco Singul, como un dos grandes expertos internacionais sobre a materia acreditado polas súas numerosas publicacións, a súa participación en múltiples foros e o seu espléndido labor no Departamento expositivo da Sociedade de Xestión do Xacobeo.
Na súa referencia ao historiador, escritor e responsable da Área de Exposicións do Xacobeo, Roberto Varela valorou a virtude de Singul respecto á capacidade de afrontar o fenómeno xacobeo en toda a súa complexidade, cun enfoque amplo e consciente das dimensións históricas, culturais, artísticas, relixiosas e espirituais do Camiño.
A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.