
Coincidindo coa celebración do Ano Santo e cos ollos do Mundo postos en Galicia, XANTAR, Salón Galego de GastronomÃa e Turismo, adicará a súa undécima edición ó XACOBEO 2010 e a promocionar a GastronomÃa dos distintos Camiños a Santiago. Celebrarase en Expourense entre o mércores 3 e o domingo 7 de marzo.
XANTAR contará con 119 expositores (un 8% máis que na edición de 2009) que ocuparán 12.000 metros cadrados de superficie. Entre eles destacan os 18 restaurantes procedentes de Galicia, das comunidades autónomas e rexións turÃsiticas portuguesas convidadas nesta edición que ofrecerán un total de 28 menús con prezos para todos os petos que van dende os 15 ata os 35 euros. A organización de XANTAR conseguiu manter e ata rebaixar os prezos de anos anteriores sen baixar nin a cantidade nin a calidade dos menús.
Edición especial XACOBEO 2010
XANTAR, xa consolidado como un evento de prestixio en toda España e Portugal, e que conta co firme apoio da Secretaria Xeral para o Turismo da Xunta de Galicia, prenséntase como un instrumento para reforzar a captación de visitantes a Galicia durante o Ano Santo. Por todo elo, todas as actividades que van ter lugar no salón están vencelladas á promoción da gastronomÃa dos camiños: restauración, xornadas técnicas, obradoiros de cociña, catas e degustacións, encontro de confrarÃas ou o programa de animación e lecer.
O restaurante central da 11ª edición estará dedicado ó XACOBEO, e nel ofrecerase un Menú Degustación compuesto por pratos elaborados a partir de produtos dos diferentes Camiños de Santiago. Estará elaborado polo IES VilamarÃn e nel terá protagonismo os produtos galegos con Denominación de Orixe. Por outro lado, as comunidades participantes polas que pasa o Camiño tamén farán referencia ó Camiño no seus menús.
Ademais de promocionar o Ano Santo, os obxectivos de XANTAR 2010 son tamén: divulgar os beneficios para a saúde da Dieta Atlántica; exaltar as máis de 300 festas gastronómicas celebradas en Galicia; incidir na calidade do servizo e atención ó cliente, xunto coa das materias primas; reforzar a oferta gastronómica no Turismo Rural e posicionar unha oferta baseada nun proxecto de Cooperación Interterritorial e no intercambio de experiencias coas rexións connvidadas.
Paquete turÃstico
A gastronomÃa é a segunda motivación pola que o turista elixe Galicia como lugar de visita. Por outra parte, XANTAR é un evento único en España e que constitúe en si mesmo un motivo para visitar esta comunidade. Na súa undécima edición o salón dá un paso máis na comercialización turÃstica dirixida ó consumidor final e lanza un Paquete para visitar Galicia coincidindo coa celebración desta cita e do Ano Santo.
Dirixido ó público final, este paquete turÃstico, elaborado en colaboración coa maiorista de viaxes, Costas Galicia, inclúe estancia dunha noite na cidade de Ourense en hotel de 4 estrelas e a entrada a XANTAR con almorzo ou cea no restaurante Xacobeo. O prezo serÃa de 75 euros por persoa e está orientado tanto a público individual como a grupos ou familias, de feito, para os nenos de entre 3 e 12 anos, existe un paquete a 18 euros.
Ademais, o Grupo Caldaria preparou un Paquete Especial de Aloxamento para os visitantes e expositores durante os dÃas de XANTAR. Esta oferta inclúe, dende 36 euros por persoa e noite, aloxamento, almorzo e acceso á zona termal nos hoteis-balneario de Laias e Arnoia. Este paquete comprende ademais un 20& de desconto en todos os servizos do balneario.
Todas as accións desenvolvidas por XANTAR 2010 están encamiñadas a servir de porta de entrada de visitantes a Galicia, xa que despois de visitar o salón, poden continuar a súa viaxe ata outros puntos da xeografÃa galega.
Rexións gastronómicas convidadas
Nesta undécima edición participan un total de 18 restaurantes, o 61% dos cales son galegos. Cada uno deles ofrece un menú composto polos produtos máis tÃpicos e tradicionais, a meirande parte deles adscritos con algún distintivo que recoñece a súa calidade como as denominacións de orixe, as indicacións xeográficas protexidas ou a súa exaltación en festas gastronómicas.
Participarán nesta edición de Xantar as comunidades de AndalucÃa, Asturias, Canarias e Estremadura, que contarán tanto cun restaurante dende o que promocionar a súa gastronomÃa coma cun stand para dar a coñecer os seus principais atractivos turÃsticos e agroalimentarios.
Portugal será de novo un dos protagonistas de Xantar que contará coa presencia das rexións de turismo de Porto e Norte (representado por la restauración de Viana do Castelo), Turismo do Douro (participará la Associaçao de HotelerÃa do Douro) e a Rexión de Turismo Portugal Centro (a través da cidade de Viseu).
Pero non convén esquecer que XANTAR naceu no 2000 para promocionar e defender a calidade da gastronomÃa galega e que once edicións despois mantén intacto o seu obxectivo inicial. Promocionaranse a través dun restaurante a gastronomÃa representativa tanto do interior como da costa galega. A Coruña, a través da súa Deputación Provincial, participará cun restaurante que presentará a gastronomÃa da comarca de Ferrol-Ortegal-Eume. Pontevedra ofrece os mellores produtos das RÃas Baixas a través das asociaciones de hostaleiros de A Guarda e da RÃa de Vigo. Lugo está representado a través dun restaurante que conta co apoio da Federación de Empresarios da provincia e por outro que representa á comarca da Terra Sacra.
Ourense é a provincia con maior representación no salón no que poderán degustarse os platos tÃpicos da cocina de interior das comarcas de Baixa Limia- Serra do Xurés, O Barco de Valdeorras e Sarreaus.
Volve tamén a Asociación Galega de Turismo Rural, AGATUR, e o Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico, INORDE, que ofrecerá un menú degustación baseado na pataca, un dos recursos agroalimentarios de maior peso en Ourense.
V Encontro sobre Dieta e Saúde
XANTAR acolle o quinto Encontro Ibérico sobre Dieta e Saúde, que está centrado nas propiedades saudables da Dieta Atlántica e, nesta edición do salón adicada ó Ano Santo XACOBEO 2010, tamén á promoción da GastronomÃa dos distintos Camiños a Santiago.
O programa cientÃfico deste encontro abordará temas como a conservación dos alimentos ou as propiedades nutricionais das conservas de peixe e marisco na alimentación dos peregrinos. Vencellado coa saúde e a alimentación, este encontro inclúe a presentación por parte da ConsellerÃa de Sanidade dos resultados da última enquisa sobre os hábitos alimentarios dos galegos.
A análise da gastronomÃa como motivación turÃstica e, dun xeito especial neste Ano Santo, é outro dos temas a tratar por distintas entidades entre a que destaca a Secretaria Xeral para o Turismo, Carmen Pardo, quen, na conferencia inaugural deste encontro, falará sobre cómo degustar Galicia durante o XACOBEO 2010.
A cociña nos Paradores do Camiño, a análise do papel que xogan os produtos de Galicia Calidade ou as confrarÃas gastronómicas e enófilas como embaixadores da Dieta Atlántica ou as claves para a promoción da gastronomÃa saudable dende os medios de Comunicación pecharan o ciclo de conferencias deste encontro.
Ademais de Galicia, este encontro tamén contará coa participación activa das comunidades convidadas a XANTAR, das rexións turÃsticas portuguesas e dos tres paÃses que participaron como convidados ata o momento no salón: México, Portugal e A Arxentina.
Este encontro ten concedidos créditos de libre configuración para os alumnos da Unievrsidade de Vigo e, por primeira vez, conta coa homologación de formación para docentes en activo da Xunta de Galicia.
VI Encontro de ConfrarÃas Gastronómicas e Enófilas
Como xa é tradicional, o xoves de Xantar, dÃa 4 de marzo, celébrase o que será o sexto Encontro de ConfrarÃas Gastronómicas e Enófilas de España e Portugal. Este evento tamén terá un carácter especial xa que conta cun paquete especial que inclúe a visita a Xantar pero tamén a Santiago de Compostela. Xantar é unha cita consolidada nas agendas gastronómicas destes colectivos que promoven a gastronomÃa de calidade.
Obradoiros gastronómicos
Os obradoiros gastronómicos de cociña en directo converteranse sen dúbida nun dos eixos centrais de XANTAR 2010 xa que este ano contan coa participación dos chefs galegos maÃs recoñecidos como é o caso de Marcelo Tejedor ou Xosé Torres Cannas (Pepe Vieira), asà como asà como por outros máis novos que comenzan a destacar neste sector e tamén chefs das comunidades e rexións convidadas.
O compostelán Marcelo Tejedor que será o pregoneiro desta edición, impartirá un obradoiro sobre a “GastronomÃa Galega no Xacobeo 2010”. Pola súa banda, o cociñeiro Antonio Parra, en representación da comunidade estremeña, preparará menús da VÃa da Prata e Flavio Morganti, levará acabo un obradoiro sobre os “Aromas do Camiño de Santiago”. A gastronomÃa dos Paradores ou do Camiño Mozárabe serán outros dos pratos que se elaborarán en vivo. Pola súa parte, a Escola de HotelerÃa de Lamego-Turismo do Douro participará no salón e presentará Cócteles con Espumante.
Os asistentes poderán tamén presenciar a preparación do botelo de O Barco de Valdeorras da man de Carlos Parra. Tamén cociñarán en Xantar o presidente da Asociación de Cociñeiros Promotores da Cociña Galega, Domingo González, que preparará menús da dieta atlántica e o chef Pepe Vieira, quen optará pola cociña saudable con conservas de pescados e mariscos. Do mesmo xeito, o salón acolle a chefs máis novos, como ao xa veterano en Xantar, Jorge GarcÃa “Koki”, do “Mesón de Alberto” de Lugo e que preparará pratos elaborados con IXP Ternera Gallega.
Xantar ofrece obradoiros de cociña de innovación nos que prima a calidade e a profesionalidade, por elo, contará co último en equipamento grazas a Rosareiro, especialista en servizos integrais para a hostalerÃa. Todos os obradoiros estarán coordinados polos profesores e alumnos do Centro de Formación e Cultura de Empresarios de HostalerÃa de Ourense, cuxo apoio fai posible un ano máis, ofrecer ao público a garantÃa de contar coa supervisión de especialistas. Ademais, impartirán o obradoiro de cociña inaugural sobre os pratos das rutas peregrinas dos sur.
Estas xornadas, aÃnda que están orientadas ós profesionais do sector da gastronomÃa, hostalerÃa e turismo, tamén conteñen atractivos para o público xeral e futuros profesionais. De feito, os obradoiros gastronómicos son unha das actividades de Xantar seguidas con maior interese polo público que acode ata o salón non só para saborear o mellor da gastronomÃa galega e lusa, senón tamén para aprender a elaborar pratos innovadores con produtos de calidade.
Obradoiros infantÃs
Neste programa que se extende ós cinco dÃas do salón, deixouse un oco para que os cativos se convirtan en cociñeiros por un dÃa. Será o domingo 7, a partir das 12.00 horas do mediodÃa, cando os nenos aprenderán a elaborar postres tÃpicos galegos como as filloas ou as orellas. Tamén participarán nunha cata na que se lles ensinará a diferenzar entre os refrescos naturais e os artificiais.
Resto de Actividades
- Viños: O viño é un dos produtos con protagonismo propio a través da presenza no salón dos Consellos Reguladores das Denominacións de Orixe galegas e da realización de catas comentadas organizadas por distintas asociacións de profesionais da enoloxÃa e a hostalerÃa.
- Catas: Outra das actividades relacionadas co XACOBEO 2010 será a Cata Comentada dos Viños, Queixos e Meles dos Camiños onde participarán estes produtos galegos e os das comunidades convidadas. Estan destinadas a profesionais e público xeral.
- Degustacións: Ademais dos restaurantes, a promoción da gastronomÃa continúa a través das numerosas degustacións gratuitas diarias (produtos do mar, lamprea, pan, produtos ecolóxicos ou delicatessen, conservas, xamón, cafés, etc.).
- Animación e lecer: XANTAR conta cun completo programa que integra dende música tradicional galega e o folclore das comunidades convidadas como o fado portugués ou as gaitas asturianas. Destaca o espectáculo de acrobacia con tela que ofrece o stand de Cafés Lisboa ou a actuación diaria da Orquestra Delfines.
Patrocinadores
Contando coa SecretarÃa Xeral para o Turismo como principal patrocinador, XANTAR celebra unha nova edición respaldada por grandes empresas do sector agroalimentario galego (Cafés Lisboa, Coren, Begano, Grupo Cuevas, Estrella Galicia, Aceites Abril) e de empresas de servizos vencelladas ó sector da hostalerÃa e o turismo (Caixanova, Galp Gas, Telefónica, Espectáculos Camoeiras, Carrefour).
O apoio institucional procede das ConsellerÃa de Medio Rural, da de Sanidade a través da Dirección Xeral de Saúde Pública e Planificación, da ConsellerÃa do Mar, da ConcellerÃa de Turismo de Ourense, da Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC), do Consello Galego de Cooperativas, do INORDE e de Galicia Calidade.
A Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados e Mariscos (ANFACO), a Federación Provincial de HostalerÃa de Ourense ou a Mancomunidade TurÃstica Terras do Avia son outros dos patrocinadores de XANTAR 2010.
www.xantar.org
Coa finalidade de potenciar a difusión da feira, Expourense conta cun portal en Internet onde expositores, profesionais e público en xeral poden obter toda a información necesaria sobre o salón e, deste xeito, dispoñer dun lugar de contacto coa organización: www.xantar.org. Tamén está en Facebook.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe a posta en marcha dun programa especÃfico para reducir o abandono escolar centrado en varóns e na poboación inmigrante sen educación secundaria de segunda etapa, é dicir, que non contan con tÃtulos superiores ao de ESO. O responsable do Executivo autonómico apuntou que a redución do abandono escolar é un 'importantÃsimo asunto de carácter estrutural no que a Xunta está embarcada hai tempo'. AÃnda que indicou que 'imos polo bo camiño', lembrando que Galicia pechou 2025 cunha taxa do 10,4%, case tres puntos por debaixo da media estatal, sinalou que 'non podemos conformarnos nin moito menos'. AsÃ, lembrou que a taxa de abandono educativo temperán é case o dobre nos homes (13,5%) ca nas mulleres (7,2%), polo que o Goberno galego está a intensificar as medidas especiais sobre eles.
O XIII Carballo Interplay desenvolverá do 16 ao 19 de abril un programa de 32 actividades arredor da creación dixital contemporánea, das series en pequeno formato, a cultura de internet e a reflexión sobre os novos modos de comunicar na rede. O certame reforza este ano a presenza do galego como lingua de creación, conversa e pensamento no ecosistema dixital, cunha programación especÃfica arredor dos contidos no noso idioma nas RRSS, accións formativas para a mocidade, premios dirixidos a recoñecer o talento que crea na nosa lingua e novas oportunidades para a produción de proxectos.