
Máis de 1.000 persoas desfrutaron das degustacións de produtos galegos que ofreceu o stand da Xunta de Galicia no Fórum Gastronómico de Santiago 2010, que pecha as súas portas. As 25 catas organizadas polas Consellerías do Mar e Medio Rural ao longo destes catro días foron un éxito e encheron a aula, con capacidade para 40 persoas.
Ambas Consellerías ofreceron un completo abano de posibilidades e combinacións de produtos do mar, da acuicultura e da agricultura de Galicia, co obxectivo de impulsar e promocionar o seu consumo. Seis diferentes catas e degustacións pechan hoxe o programa de promoción dos produtos galegos de calidade desenvolvido pola Xunta (a través das consellerías do Mar e do Medio Rural) no marco do Forum Gastronómico de Santiago.
Así, os queixos, os froitos do mar de Pescaldía e Lonxanet, os cogomelos de Setas Silvestris, carnes como a tenreira e o lacón, as novas presentacións dos produtos do mar e a terra, os viños da Terra e das denominacións de orixe Valdeorras e Monterrei, xunto cos caldos premiados na XXI Cata dos viños de Galicia conforman a oferta culinaria desta última xornada do congreso enogastrónomico no stand institucional da nosa Comunidade.
Con estas son 25 as diferentes combinacións ofrecidas dende o pasado domingo a base de produtos da pesca, da acuicultura e do agro galego. Ademais, no stand da Xunta houbo conferencias, sesións de cociña en directo e presentacións, entre as que salientou a da nova Indicación Xeográfica Protexida Tarta de Santiago, presidida polo conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, e que contou co apoio de destacados cociñeiros galegos e doutros lugares, entre eles o propio Ferrán Adriá, considerado o chef número un do mundo.
Consumo de peixe
A Consellería do Mar aproveitou a celebración do Forum para promover o consumo de peixe e marisco de Galicia. A propia titular do Departamento, Rosa Quintana, estivo presente no acto inaugural do congreso e definiu este evento coma unha achega de valor engadido e de recoñecemento aos nosos produtos do mar. Ademais, recalcou que o Forum contribúe a estimular a comercialización e a transformación, favorecendo o aproveitamento alimentario do mundo do mar.
Visita dos GACs
Por outra banda, os xerentes dos sete Grupos de Acción Costeira (GAC) visitaron hoxe o Fórum Gastronomico, invitados pola Consellería do Mar, que considera a Feira un exemplo de cómo a pesca artesanal é capaz de chagar aos chefs máis refutados do mundo. Neste sentido, unha das liñas de traballo dos GACs é por en valor os produtos da pesca artesanal.
A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.