
O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, explicou no Parlamento que o Goberno galego vai abordar neste mandato a reforma da Lei da Compañía de Radio e Televisión de Galicia e da Lei do Audiovisual e anunciou ademais que na primeira metade da lexislatura presentará un proxecto de Lei de Publicidade e Comunicación Institucional.
En resposta a unha interpelación parlamentaria, Rueda destacou o compromiso da Xunta no impulso duns medios públicos de comunicación ao servizo de todos os galegos, que sexan sinónimo de transparencia, independencia, modernidade e solvencia e subliñou que, no actual contexto de profunda transformación que está a vivir o audiovisual, é preciso darlle unha resposta no plano normativo.
Nese sentido, referiuse en primeiro lugar á reforma da Lei da CRTVG, en cuxa elaboración garantiu que o Goberno buscará a participación e o consenso dos distintos sectores implicados. É evidente que hai marxe para poder mellorar o actual marco normativo que rexe a CRTVG, subliñou o conselleiro, que apostou por levar a cabo unha actualización da norma, que xa fóra comprometida polo anterior Goberno pero que non se levou a cabo nos últimos catro anos.
Segundo explicou Rueda, a Xunta está agora a preparar o proxecto de reforma e adiantou que se baseará en tres grandes eixes: impulsar un verdadeiro cambio estrutural da compañía; perfeccionar os mecanismos de garantía da neutralidade e independencia no exercicio profesional dos medios públicos de comunicación; e garantir a viabilidade e suficiencia financeira dos medios públicos de comunicación galegos.
En paralelo, o Goberno galego traballa tamén no impulso doutros dous proxectos lexislativos: unha lei de Publicidade e Comunicación Institucional e unha nova Lei Audiovisual Galega. Respecto a esta última, Rueda considerou preciso actualizala para adaptala aos novos requirimentos dun escenario en cambio permanente e tamén ao marco normativo do Estado que se está a tramitar.
A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.