
O Colexio Nacional de Secretarios Xudiciais, en colaboración coa Xunta de Galicia, organizou unhas Xornadas sobre a aplicación práctica das reformas procesuais, na sede da Escola Galega de Administración Pública, onde analizaron distintos aspectos relacionados cos secretarios e as oficinas xudiciais.
As xornadas comezaron cunha mesa redonda sobre as novas competencias do secretario xudicial, en especial na admisión e na demanda, na que interviñeron o presidente do Colexio Nacional de Secretarios Xudiciais e Coordinador Provincial de Valencia, Rafael Lara Hernández, e as secretarias xudiciais Mª Jesús Prieto e Asunción Barrio.
O director xeral de Xustiza da Xunta de Galicia, Juan José Martín, falou despois sobre a adecuación das oficinais xudicial ás leis procesais. Segundo apuntou, a nova oficina xudicial ten como fin implantar na organización xudicial unha nova estrutura con unidades mellor dimensionadas e máis especializadas, o que suporá sustituir as actuais secretarías dos xulgados e tribunais polas novas unidades, denominadas unidades de apoio directo (UPAD) e servizos comúns procesais (SCP); crear unidades administrativas nos edificios xudiciais para asumir a xefatura, ordenación e xestión dos recursos persoais e materiais da oficina xudicial; e incorporar á Administración de xustiza as relacións de traballo como instrumento de ordenación do persoal.
Nese sentido, o director xeral explicou que na comunidade galega, a implantación desta nova oficina xudicial farase de forma progresiva en dúas fases: na primeira, servizos comúns procesais da Administración de Xustiza e Unidades Administrativas; e na segunda fase, os servizos comúns de ordenación do procedemento e servizos comúns de execución.
E para rematar as xornadas houbo uns obradoiros por ordenes xurisdicionais, dirixidos no ámbito civil por Diego Espino, secretario do Xulgado de 1ª instancia de Vigo; no ámbito penal por Concepción Rivas, secretaria do Xulgado nº2 de Santiago; no ámbito social, por Ana Carrasco, secretaria do Xulgado nº4 da Coruña; e no ámbito contencioso-administrativo, por Francisco Rubio, secretario do Xulgado nº2 de Santiago de Compostela.
A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.