Vilariño de Conso converteuse no primeiro concello galego en posicionarse contra o decretazo do galego.
Este concello ourensán -cuxo alcalde é do Partido Popular- aprobou por unanimidade a moción impulsada polo BNG en que se demanda a retirada do decreto, se insta á Xunta a que cumpra as súas obrigas estatutarias de normalización da lingua propia de Galiza e se lle pide taxativamente ao Goberno galego que retorne ao consenso político e social que ficou consagrado quer na Lei de Normalización Lingüística quer no Decreto 124/2007, produto este último do Plano de Normalización Lingüística.
A moción do BNG foi apoiada polos votos do PP e do PSOE.
Esta iniciativa do BNG, cuxo texto se achega, vaise debater no conxunto dos concellos galegos e nela afírmase que é unha agresión á dignidade da nosa cultura que haxa un goberno da Xunta de Galiza que maltrate e desprece a lingua propia do noso País.
A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.