Notas de prensa

Iniciativas municipais para afrontar o Xacobeo no sector da hostelería

O concello de Palas de Rei pon en marcha dúas iniciativas formativas coas que pretende axudar ao sector hosteleiro a afrontar o Ano Xacobeo: un curso de inglés e a traducción das cartas-menús en inglés, francés e italiano.

O Departamento de Turismo de Concello de Palas de Rei puxo en marcha o luns 18 de xaneiro o curso de Inglés destinado a personal relacionado co sector hosteleiro e coa atención ó público en xeral. Este curso, no que se inscribiron 40 alumnos impártese en dous grupos, dada a facilitación da docencia, de luns a xoves (ámbos inclusive) na Casa de Cultura de Palas de Rei en horario de: 18:00 a 19:30 un grupo; e de 20:00 a 21:30h outro dos grupos. O obxetivo deste curso que imparte o profesor Enrique Vázquez Expósito é que os asistentes poidan manter unha conversación fluida co visitante extranxeiro que acude ós seus establecementos.

Outra das iniciativas que se está levando a cabo por parte do Departamento de Turismo do Concello de Palas de Rei é a tradución de Cartas-Menú de establecementos hosteleiros do termo municipal de Palas de Rei que así o manifesten o Concello de Palas levando as Cartas- Menu do interesao/a. A tradución é ós idiomas: inglés, Francés e Italiano e está sendo realizada por un equipo de expertos en idiomas. Con motivo deste ano Santo e ante a previsible chegada dun número importante de peregrinos facendo as dúas rutas de Peregrinación a Compostela coas que conta este termo Municipal (Francesa e Primitiva) o obxetivo desta iniciativa facilitar a comunicación entre o peregrino internacional e os empregados no sector Hosteleiro local.


Gabinete de Comunicación do Concello de Palas de Rei, 2010-01-22

Actualidad

Foto del resto de noticias (vacina-gripe-2026.jpg) A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
Foto de la tercera plana (empresas-transformacion.jpg) O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.

Notas

Anne L'Huillier, Premio Nobel de Física en 2023, visita esta semana Santiago de Compostela no marco do Programa ConCiencia da USC e do Consorcio de Santiago. Entre o extenso programa de actividades previsto, a profesora da Universidade de Lund (Suecia) pronunciará o 2 de outubro, ás 19.30 horas, no Auditorio ABANCA (Rúa Preguntoiro, 23. Santiago), a conferencia ‘O mundo dos átomos á escala de tempo do attosegundo’, aberta ao conxunto da cidadanía.
Como 'unha selección de miradas' a un 'territorio híbrido entre arte e ciencia' preséntase un libro editado polo grupo de investigación dx5, da Facultade de Belas Artes, en colaboración co grupo AF4, da Escola de Enxeñaría Forestal, que fai balance das reflexións xurdidas nas tres primeiras edicións do ciclo de encontros científicos Art at the Edge of Nature, que puñan o foco nas conexións da creación artística co medio ambiente, a sustentabilidade, os novos materiais ou as humanidades dixitais.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES