Varios colectivos, asociacións e institucións relacionados coa defensa da cultura, do patrimonio e do medio ambiente galego reuníronse en Lugo para debater sobre a actual situación de abandono do Camiño Primitivo e para promover actuacións que busquen a súa defensa das agresións que actualmente sufre. O principal acordo adoptado nesta reunión foi o de constituír unha Plataforma ou agrupación de colectivos que teña a finalidade de instar ao goberno da Xunta a que se finalicen canto antes os trámites da declaración do Camiño Primitivo como Ben de Interese Cultural ou BIC, iniciados xa hai varios anos. Estes colectivos cren que debe ser o ano 2010 no que se conquira esa protección por varios motivos: porque a tramitación da declaración como BIC está a sufrir un retraso inusitado; porque neste Ano Xacobeo recobran un especial interese e dedicación as vías históricas, agás o Camiño Primitivo; e porque actualmente a vía primitiva está baixo o total desleixo, innumerables ameazas, presións e agresións que son desatendidas pola Administración.
Unha das principais funcións da devandita Plataforma vai ser a de demandar información á Xunta sobre o estado actual do trámite da declaración do Camiño Primitivo como BIC e instar á mesma e aos grupos políticos a que introduzan esta cuestión no debate parlamentario e a que resolvan este asunto no presente ano. Por outra banda, a anunciada plataforma terá como obxectivo chamar a atención das entidades locais, ou concellos polos que pasa o Camiño Primitivo, sobre as súas obrigas como vixiantes e protectores da vía histórica, hoxe totalmente esquecida e obviada nos plans de ordenación municipal e nas actuacións municipais de carácter público. En concreto, instarán ao Concello de Lugo para que a Conmemoración da Declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade Lugo10 sirva como instrumento para recuperar o valor histórico-cultural do Camiño Primitivo ligado á Muralla Romana.
Outra das función da plataforma, aínda á agarda dun nome oficial, será a de facer pública a situación de desprotección, abandono e ameaza na que está o Camiño Primitivo, xunto coa colaboración de colectivos asturianos que teñen tamén as mesmas inquedanzas.
Os colectivos que polo de agora integrarían esta plataforma, aberta a acoller outras entidades ou persoas interesadas, son: ADEGA, a Asociación en defensa do Parque de Rosalía, a Comisión de Cultura da delegación do Colexio de Arquitectos en Lugo, a Orde das Donas e Cabaleiros do Priorato de Vilar de Donas Os Lobos, os Viandantes do Camiño Primitivo, LugoPatrimonio, Amigos do Patrimonio de Castroverde, a Plataforma en defensa do Alto Ulla, o GDR4-Terras de Lugo, a Asociación Galego do Camiño de Santiago, Amigos do Camiño Primitivo, o Museo comarcal da Fonsagrada, e persoas a título individual que están ligadas dalgún xeito a esta vía histórica.
A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.