
Finalizada a tempada de 2009, o gran triunfador foi BAPTIZE, o semental ourensán proclamouse mellor semental do ano, con máis de 280.000 euros gañados polos seus fillos, mentres que en segundo lugar se situou WAGON MASTER, o seu compañeiro de boxes.
BAPTIZE acada tamén o título de mellor pai de poldros de dous anos, que xa lograra o pasado ano.
Os dous galardonados compartirán oficio con outros 6 sementais de tódalas razas que tamén se estabulan en Antela na presente tempada que comezará o vindeiro 1 de febrerio.
A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.